Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/10/2017 | Actualizada ás 13:42
As protestas serán o propio día en que se emita a DUI, previsiblemente o luns. Serán “para celebrar a consecución da independencia” ou, no caso de que o Estado Español persista na súa “actitude represiva” e o faga impedindo que se proclame a independencia, para condenar tal hipotético feito. Así o explicaron este luns os seus voceiros en rolda de prensa en Santiago.
A Plataforma aproveitou para cargar contra o presidente da Xunta por “criminalizar o exercicio digno do dereito de autodeterminación do pobo catalán, e non reivindique ese mesmo dereito para Galiza como nación que é” durante o Debate de Estado de Autonomía. Xunto a isto a plataforma considerou que a “brutalidade das actuacións da Garda Civil e da Policía española, o regueiro de persoas feridas que deixaron e as imaxes que están hoxe a escandalizar o mundo malia seren negadas polos principais axentes mediáticos non poden ficar impunes”.
O manifesto ao fío das cazoladas de onte acusa ao Estado de apostar unicamente pola “vía represiva”. A Plataforma argumenta que foi o propio Goberno Central quen desconectou a Cataluña do Estado e defende a “vía catalana de desobediencia e resistencia frente ao réxime do 78”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.