Temas: CATALUñA

O día que se proclame a independencia de Cataluña haberá mobilizacións en Galicia

Sete concentracións con cazolas no país proclamaron este mércoes pola noitiña que “non temos medo” tras o discurso de Felipe VI. En concreto, houbo concentracións en Compostela, A Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol. Os manifestantes foron convocados pola Plataforma Galiza con Catalunya, que agrupa a máis de 30 organizacións nacionalistas de esquerdas. Un colectivo que agora anuncia novas mobilizacións de cara a previsible e polémica Declaración Unilateral de Independencia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/10/2017 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

As protestas serán o propio día en que se emita a DUI, previsiblemente o luns. Serán “para celebrar a consecución da independencia” ou, no caso de que o Estado Español persista na súa “actitude represiva” e o faga impedindo que se proclame a independencia, para condenar tal hipotético feito. Así o explicaron este luns os seus voceiros en rolda de prensa en Santiago.

Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

 

A Plataforma aproveitou para cargar contra o presidente da Xunta por “criminalizar o exercicio digno do dereito de autodeterminación do pobo catalán, e non reivindique ese mesmo dereito para Galiza como nación que é” durante o Debate de Estado de Autonomía. Xunto a isto a plataforma considerou que a “brutalidade das actuacións da Garda Civil e da Policía española, o regueiro de persoas feridas que deixaron e as imaxes que están hoxe a escandalizar o mundo malia seren negadas polos principais axentes mediáticos non poden ficar impunes”.

 

O manifesto ao fío das cazoladas de onte acusa ao Estado de apostar unicamente pola “vía represiva”. A Plataforma argumenta que foi o propio Goberno Central quen desconectou a Cataluña do Estado e defende a “vía catalana de desobediencia e resistencia frente ao réxime do 78”.

manifestación convocada pola plataforma Galiza con Catalunya a favor da celebración do referendo
manifestación convocada pola plataforma Galiza con Catalunya a favor da celebración do referendo

 

Temas: CATALUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Nexus 6

Adelante. Allí estaré para aplaudirles y animarles a que hagan muchas concentraciones más. Otra mayoría absoluta para el PP. Eso sí, lo de hacer ruido, algo para lo que siempre han demostrado gran capacidad, por favor que sea temprano, no vaya a ser que haya que denunciarles por lo que son, adutos gamberros con el síndrome narcisista de Peter Pan.