(AV) Aprobadas axudas por 4 millóns de euros para incentivar a ordenación do monte os próximos dous anos

A Xunta aprobou, na reunión do Consello deste xoves, unha nova liña de axudas dotada de catro millóns de euros co obxectivo de incentivar durante os próximos dous anos a ordenación do monte galego.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2017 | Actualizada ás 14:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta aprobou, na reunión do Consello deste xoves, unha nova liña de axudas dotada de catro millóns de euros co obxectivo de incentivar durante os próximos dous anos a ordenación do monte galego.

Consello da Xunta.
Consello da Xunta. | Fonte: Europa Press

O vicepresidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, destacou que en 2020 será obrigatorio por lei contar con instrumentos de ordenación para poder autorizar aproveitamentos forestais.

De aí, segundo explicou Rueda na comparecencia ante a medios comunicación despois da reunión do Executivo, que a Xunta busque "traballar con tempo" para chegar a esa data coa porcentaxe máis elevada posible de parcelas que cumpran con este requisito.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta