O cambio climático e os cambios na PAC protagonizan unha xornada en Santiago para produtores de carne

O Hostal dos Reis Católicos de Santiago acolle este xoves unha xornada técnica sobre os retos do sector cárnico no presente e coa vista posta no futuro co cambio climático e a reformulación da Política Agraria Común (PAC) no horizonte.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2017 | Actualizada ás 14:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Hostal dos Reis Católicos de Santiago acolle este xoves unha xornada técnica sobre os retos do sector cárnico no presente e coa vista posta no futuro co cambio climático e a reformulación da Política Agraria Común (PAC) no horizonte.

Xornadas de produtores de carne
Xornadas de produtores de carne | Fonte: Europa Press

Na cita, organizada pola Asociación Española de Produtores de Carne, participan produtores de toda España e será clausurada pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

O encargado de abrir a xornada foi o presidente do Consello Regulador do IGP Carne de Vacún de Galicia, Jesús González, quen lembrou que o sector cárnico debe prestar especial atención ao produtor, "o elo máis débil da industria".

E é que, como remarcou González, "se falla" a produción "non funciona o resto" da cadea, polo que convidou a aproveitar a xornada para lograr que o sector "avance" e "se adapte aos tempos" nun contexto de "futuro cambiante".

A calidade do produto, a saúde, a competitividade ou o cambio climático son, segundo indicou, cuestións que "afectan no día a día" do produtor e que, en conxunto, o sector debe afrontar estas cuestións para "valorar fortalezas e debilidades" e trazar "unha folla de ruta".

Por iso, Jesús González incidiu na importancia crecente que ten "producir baixo criterios sustentables", xa que é por esa vía pola que o sector debe enfocar a súa viabilidade.

CÉSAR LUMBRERAS

Tras a apertura, o encargado de impartir a primeira charla foi César Lumbreras, o condutor do veterano programa radiofónico 'Agropopular', en antena desde 1984 na Cadena Cope.

Lumbreras manifestou que "calquera cousa" que se diga na actualidade en relación á Política Agraria Común (PAC) "estará falta de soporte" debido a que se viven "momentos de incógnita" sobre a reformulación das normativas europeas en materia de agricultura e gandaría.

Así, baseou a súa intervención nos "retos máis recentes" para os produtores de carne, como as regulacións sobre animais salvaxes como o lobo, o uso de produtos fitosanitarios, a propia PAC ou os cambios nas maneiras de producir.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta