Temas: CHINA

Galicia busca entender ao xigante chino

Foro en Compostela coa Academia de Ciencias Sociais da China para afondar de primeira man sobre a realidade chinesa.

Por GC Emprende | Compostela | 05/10/2017 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela acolle este venres un Foro sobre as oportunidades que representa para Galicia e Europa a iniciativa da Ruta da Seda. A actividade está organizada polo IGADI e a Academia de Ciencias Sociais da China, contando coa colaboración de Casa Asia.

Edificios de Shanghai, en China
Edificios de Shanghai, en China | Fonte: Pixabay.

A ocasión representa unha oportunidade para afondar de primeira man sobre a realidade chinesa actual na véspera do XIX Congreso do Partido Comunista, que se levará a cabo a partir do 18 de outubro en Beijing; tamén para explorar as posibilidades de Galicia en relación ao citado proxecto da Franxa e a Ruta.

No evento participará unha ampla comitiva chinesa integrada por máis de medio cento de especialistas procedentes de diferentes institutos da citada Academia (de Estudos da Información, de Filosofía, Estudos Ambientais e Urbanos), de seccións da Academia de provincias como Shandong ou Jiangsu, de medios de comunicación como o Public Daily, ou das Universidades de Dalian, Guangdong, Chongqing, Nanjing, Anhui, Henan, Xinjiang, Yunnan e Xian.

Por outra banda, participarán tamén especialistas das tres universidades galegas, da Complutense e da Autónoma de Barcelona, entre outros. Neste 2017, o Foro celébrase igualmente en París e Roma co rótulo común “Foro europeo sobre o modelo de desenvolvemento chinés”. A elección de Galicia e Santiago de Compostela como sede do Foro é froito da colaboración de longa data entre o IGADI, nomeadamente o seu Observatorio de la Política China, e a CASS, o principal think tank de China.

Temas: CHINA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta