Temas: MúSICA

The Gift preenta o seu novo disco en Galicia

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) albergará a presentación do novo álbum dunha das bandas portuguesas con máis proxección internacional, The Gift. O grupo interpretará os temas do seu novo traballo Altar o vindeiro xoves 12 de outubro a partir das 20.00 h.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 06/10/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

As entradas xa se poden adquirir na web Ataquilla.com dende só 15 euros máis gastos.

The Gift
The Gift

THE GIFT E O SEU NOVO ÁLBUM, ALTAR

The Gift é unha banda independente cun son que se move entre o pop rock e a electrónica, valéndose de orixinais arranxos feitos desde con cordas ata sutís sintetizadores analóxicos e que conta coa poderosa e versátil voz de Sonia Tavares. Pioneiros da escena DIY portuguesa, The Gift é unha das bandas máis exitosas do seu país, onde foron número 1 con numerosos éxitos e acumulan discos de ouro e platino. 

The Gift actuou por toda Europa, Asia, Australia e Estados Unidos, pero é en España e Brasil onde a banda está máis consolidada fóra do seu país de orixe. O seu novo traballo, Altar, feito xunto a produtores como Howie B ou Ken Nelson, producido e co-composto por Brian Eno, habitual colaborador de David Bowie, U2 ou Coldplay e mesturado por Flood, foi publicado en abril de 2017 e é considerado o seu mellor disco ata o momento.

The Gift
The Gift
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta