Piden 10 anos de cadea para ex-alcalde do PP por contrabando

Dezaseis anos despois de ser detido Nené Barral, o mentor político de Louzán e un dos personaxes claves na historia do PPdeG, enfróntanse tamén a unha multa de 15 millóns de euros.

Por Galicia Confidencial | Ribadumia | 06/10/2017 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

A fiscalía solicitou a apertura de xuízo contra José Ramón Barral Martínez, Nené. De acordo a súa versión, é culpábel dos delitos de suborno e asociación ilícita ao montar unha rede de contrabando de tabaco.

Nené Barral, ex-alcalde de Ribadumia, condenado por contrabando, e o seu heredeiro político, Xosé Manuel Louzán, ex-concelleiro en Ribadumia e hoxe presidente da Deputación de Pontevedra
Nené Barral, ex-alcalde de Ribadumia, condenado por contrabando, e o seu heredeiro político, Xosé Manuel Louzán, ex-concelleiro en Ribadumia e hoxe presidente da Deputación de Pontevedra | Fonte: atiomeucambados

Segundo informa Elisa Lois en El Pais, a Nené Barral o fiscal pídelle 10 anos de prisión e 15 millóns de multa. O veterano político foi detido por estes delitos en 2001 e algúns dos 17 imputados iniciais na causa xa morreron.

Nené Barral foi peza clave entre os conservadores na transición e no inicio do fraguismo. Considerando un dos grandes contrabandistas, malia ser dun concello moi pequeno, Ribadumia, mantivo un enorme poder que herdou o seu discípulo, Rafael Louzán, quen chegou a presidente da Deputación e agora lidera a Federación de Fútbol. 

Os negocios de Nené Barral foron obxectivo doutra operación policial o ano pasado. A Operación Cebra foi dirixida por Pilar de Lara. Ao fío desta operación, a xuíza incautouse do computador do letrado do ex-alcalde. 

Nené Barral (centro), chegando aos xulgados de A Parda
Nené Barral (centro), chegando aos xulgados de A Parda | Fonte: © Mónica Patxot en pontevedraviva.com.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anti...

Hai os Pepes e os narcos sempre festexandos xuntos o san Xosé.