Temas: DESAPARECIDO

Localizado sen vida o septuaxenario que marchara da casa en San Cibrao das Viñas (Ourense)

Foi localizado sen vida dentro dun pozo próximo ao seu domicilio, segundo informou a Garda Civil.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2017 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

O septuaxenario que marchara o mércores sobre o mediodía da súa casa en San Cibrao das Viñas (Ourense) sen medicación para tratar a súa diabetes foi localizado sen vida dentro dun pozo próximo ao seu domicilio, segundo informou a Garda Civil.

Andrés Martínez Grande
Andrés Martínez Grande | Fonte: Europa Press

Andrés Martínez Grande, de 79 anos e veciño do municipio de San Cibrao das Viñas, faltaba desde o mediodía do mércores do seu domicilio, que abandonara tras discutir coa súa muller.

A denuncia da súa desaparición fora posta na mañá do xoves no cuartel de Ourense e activouse un dispositivo para a súa procura xa que, segundo destacaron as fontes consultadas, tratábase dunha desaparición de "alto risco" ao necesitar medicación o home.

Este venres a Garda Civil centraba a súa procura na zona da poboación de Currás. Participaban a Unidade Cinolóxica da Benemérita --cans de rastrexo--, patrullas de localidades limítrofes e veciños do municipio.

Temas: DESAPARECIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta