A dirección de Navantia denuncia en comisaría o bloqueo das súas portas e non abonará os días de paro aos empregados

O presidente do comité de empresa rexeita a medida e adianta que reclamasen o pago porque "o que hai é un impedimento"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2017 | Actualizada ás 13:47 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A dirección de Navantia na ría de Ferrol presentou unha denuncia na sede da comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón para dar traslado do bloqueo que están a sufrir as portas dos estaleiros situados nos municipios de Ferrol e Fene, como consecuencia da folga de carácter indefinido convoca en solitario pola CIG nas empresas da industria auxiliar para reclamar que se cumpran os acordos do ano 2001.

Así o asegurou o presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Javier Galán (CC.OO.), que en declaracións aos medios de comunicación tamén trasladou que "a dirección tamén manifestou que non vai abonar os días que se están perdendo".

A parte social xa trasladou esta situación nunha asemblea improvisada celebrada á primeira hora desta mañá de xoves na zona exterior da factoría ferrolá.

O representante de CC.OO. advertiu que non foron eles quen convocaron esta folga. "Non sabiamos que se ía a realizar desta forma", argumentou, para engadir que tampouco tiñan "constancia desta situación".

Por iso, pediu que sexa "a dirección de Navantia a que dea unha solución", ao entender que os traballadores non son responsables, e ao destacar que son uns 100 euros diarios "o que pode supor de perdas a cada traballador".

Javier Galán tamén trasladou que "independentemente de que dirección teña intención de tomar esta decisión", en alusión a non abonar os salarios destas xornadas de paro--, o comité de empresa vai "defender aos traballadores".

"Non é que nós non vaiamos traballar, senón que o que hai é un impedimento", incidiu, antes de indicar que non comparten "esta estratexia". "Sabemos o que se defende, e por iso dicimos que xamais imos entrar en confrontación entre traballadores", sentenciou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta