Ferida unha persoa nun accidente de tráfico provocado pola caída dunha árbore en Vilamarín (Ourense)

Unha persoa resultou ferida na mañá deste venres nun accidente de tráfico provocado pola caída dunha árbore no municipio de Vilamarín (Ourense).

OURENSE | 06/10/2017 | Actualizada ás 13:56 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida na mañá deste venres nun accidente de tráfico provocado pola caída dunha árbore no municipio de Vilamarín (Ourense).

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro foi provocado por unha árbore que caeu sobre a calzada na N-540. Un particular alertou ás 12,00 horas e explicou que no vehículo sinistrado viaxaban dúas persoas, pero que só unha resultou ferida.

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxo a situación en coñecemento do 061 e tamén se informou aos Bombeiros do Carballiño, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

A vítima foi evacuada polos efectivos sanitarios a un centro sanitario, mentres unha dotación dos bombeiros procedeu á retirada da árbore.

Doutra banda, uno minutos antes do mediodía rexistrouse en Riós (Ourense) unha colisión entre unha moto e unha furgoneta, cunha persoa ferida, que foi trasladada a un centro hospitalario.

O sinistro ocorreu na estrada que enlaza San Pedro coas Ventas, en San Cristovo. Un particular alertou ao CIAE do 112 ás 11,55 horas, tras o que se informou ao 061, aos Bombeiros de Verín, ao GES da Gudiña, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta