Os xulgados galegos de cláusulas chan reciben máis de 3.800 demandas desde xuño, case 1.300 durante o último mes

Os xulgados galegos exclusivos de cláusulas chan recibiron, desde o pasado 1 de xuño, 3.807 demandas relativas a litixios relacionados coas condicións xerais incluídas en contratos de financiamento con garantías reais inmobiliarias, cuxo prestatario é unha persoa física. Un total de 1.295 foron presentadas durante o último mes.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2017 | Actualizada ás 14:21 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os xulgados galegos exclusivos de cláusulas chan recibiron, desde o pasado 1 de xuño, 3.807 demandas relativas a litixios relacionados coas condicións xerais incluídas en contratos de financiamento con garantías reais inmobiliarias, cuxo prestatario é unha persoa física. Un total de 1.295 foron presentadas durante o último mes.

Cláusulas chan
Cláusulas chan | Fonte: Europa Press

Así o confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que sinalaron que, a data do 4 de outubro, o xulgado exclusivo de Vigo (o de primeira instancia número 14) segue á cabeza en número de casos, con 1.740 demandas. Son case 600 máis que as que recibira en algo menos dun mes (os anteriores datos transmitíronse a data de 6 de setembro).

Na Coruña presentáronse durante o último mes outras case 600 demandas (536), de modo que o total recibido por este xulgado ascende a 1.520 demandas.

O xulgado de Ourense recibiu ata o momento 379 demandas, 87 máis que hai un mes; mentres que o de Lugo recibiu 168 asuntos, outras 78 demandas máis.

PROCEDEMENTO

Nas audiencias previas fíxase o obxecto de litixio, as partes propoñen proba e o xuíz admite as que considera procedentes para resolver o preito. Se as partes só propoñen proba documental, o asunto quedar visto para sentenza; en caso contrario, é necesaria a celebración de xuízo.

Os xulgados de cláusulas chan puxéronse en marcha a partir do 1 de xuño en virtude dun plan de urxencia aprobado polo Consello Xeral do Poder Xudicial ante o previsible aumento de litixios sobre cláusulas abusivas nas hipotecas, como consecuencia da sentenza do Tribunal da UE do 21 de decembro de 2016.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta