Controlado o incendio forestal que queimou unhas 75 hectáreas en Chandrexa de Queixa (Ourense)

O incendio forestal que afecta o municipio de Chandrexa de Queixa (Ourense) desde a madrugada deste venres permanece controlado tras queimar unhas 75 hectáreas de superficie.

OURENSE | 06/10/2017 | Actualizada ás 17:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O incendio forestal que afecta o municipio de Chandrexa de Queixa (Ourense) desde a madrugada deste venres permanece controlado tras queimar unhas 75 hectáreas de superficie.

Así o indicou a Consellería do Medio Rural, que apunta que as novas estimacións deste lume sitúan a superficie afectada nunhas 75 hectáreas.

Medio Rural sinalou que tamén na parroquia de Queixa, no mesmo municipio ouerensano de Chandrexa, ás 22,45 horas do xoves comezou un primeiro lume e ás 3.51 horas deste venres un segundo, que está controlado.

Doutra banda, continúa controlado o incendio forestal que afecta desde as 20,07 horas do luns ao parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, no municipio de Lobios, que supera as 20 hectáreas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta