Decretada a 'situación 2' pola proximidade a núcleo habitado nun incendio forestal en Lobios (Ourense)

A Consellería do Medio Rural decretou a 'situación 2' como medida preventiva nun incendio forestal rexistrado na parroquia de Río Caldo no municipio ourensán de Lobios debido á proximidade ao núcleo de Padrendo.

OURENSE | 06/10/2017 | Actualizada ás 17:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural decretou a 'situación 2' como medida preventiva nun incendio forestal rexistrado na parroquia de Río Caldo no municipio ourensán de Lobios debido á proximidade ao núcleo de Padrendo.

Así o informou Medio Rural, que concretou que foi declarada a 'situación 2' ás 15,25 horas deste venres despois de que o lume comezase ás 14,10 horas.

Na súa extinción traballan dous axentes, sete brigadas, tres motobombas, unha pa, catro helicópteros e un avión. As primeiras estimacións sitúan a superficie afectada nun sete hectáreas.

Mentres, permanece controlado desde as 20,10 horas do martes outro lume rexistrado na mesma parroquia de Río Caldo en Lobios. Este incendio, que comezou ás 20,07 horas do luns e queimou unhas 20 hectáreas, afecta o parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés.

CHANDREXA DE QUEIXA

Pola súa banda, está controlado desde as 15,47 horas deste venres o lume declarado ás 22,45 horas do xoves na parroquia de Queixa, no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, que queimou unhas 50 hectáreas.

Tamén permanece controlado desde as 13,20 horas o incendio iniciado ás 3,51 horas deste venres no mesmo municipio e mesma parroquia. As últimas estimacións sitúan a superficie afectada en 75 hectáreas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta