Tres persoas resultan feridas nunha colisión múltiple en Brión (A Coruña)

Tres persoas resultaron feridas o venres nunha colisión na que se viron implicados dous coches e unha furgoneta en Brión (A Coruña). O accidente tivo lugar na AG-56, concretamente no quilómetro 9, sentido Noia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2017 | Actualizada ás 11:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas o venres nunha colisión na que se viron implicados dous coches e unha furgoneta en Brión (A Coruña). O accidente tivo lugar na AG-56, concretamente no quilómetro 9, sentido Noia.

O CIAE 112 Galicia explicou este sábado que foi un particular quen alertou do sinistro ás 21,25 horas e explicaba que o vehículo invadía a calzada.

Nese momento, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informábase os feitos ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Brión e ao servizo de mantemento da estrada.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta