Condenan ao Sergas a pagar 200.000 euros a uns pais polo falecemento do seu bebé

Sucedeu no Hospital Xeral de Vigo, onde á nai non se lle practicou a cesárea cando era necesaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2017 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Un xulgado de Primeira Instancia de Barcelona condenou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a pagar 200.000 euros a uns pais polo falecemento da súa filla neonata no Hospital Xeral de Vigo a cuxa nai non se lle practicou a cesárea. Diso informou o Defensor do Paciente, que detallou que os feitos ocorreron en novembro 2012, cando os proxenitores, de 43 anos de idade, acudiron a este centro despois de que a nai quedase embarazada tras múltiples intentos.

Edificio do Sergas
Edificio do Sergas | Fonte: xunta.gal

Tras ingresar no Hospital Xeral de Vigo, o Defensor da Paciente denuncia que se produciu un "déficit asistencial" que terminou no falecemento da nena ás poucas horas de nacer.

En concreto, o avogado da asociación, Cipriano Castreje, achaca ao Sergas que "non se avaliaron correctamente" os antecedentes da nai e os "riscos", que non "houbo consentimento informado do traballo do parto" e que "se debeu de optar pola práctica dunha cesárea".

Nesta liña, o Defensor do Paciente sinala que o Xulgado número 36 de Barcelona concluíu que "o falecemento da nena ás poucas horas do seu nacemento debeuse a un fallo multiorgánico" sencundario a unha sépsis vertical que "podería ser tratada de forma eficaz nun estadio inicial sobre todo se se practicou unha cesárea de urxencia".

Por iso, a titular deste xulgado ve unha "relación causal entre a inadecuada asistencia prestada á paciente durante o parto e o fatal desenlace posteriormente ocorrido", apunta a asociación.

Ante estes feitos, a sentenza concede 110.000 euros á nai e 90.000 ao pai, máis os intereses da lei do contrato de seguro debidamente razoados e xustificados na sentenza, co que onda indemnización final achegarase aos 300.000 euros. A sentenza non é firme e pode ser recorrida polo Sergas.

Á vista deste caso, a presidenta da Asociación o Defensor do Paciente, Carmen Flores, pediu a mellora e revisión dos protocolos de atención obstétrica neste tipo de partos.

Tags: #Sergas
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 5aS7

pois eu sei doutro pero con cesarea incluida, deberon cortar algo, a única solución era meter outra vez en quirófanos, para facer un.ha histeroctomia pero provocaron un.ha hemorraxia tan masiva, gastaron 23 bolsas de sangue que era imposibel facer nada... morreu a nai .... o país deulle un ataque de loucura e quería matar a todos, houbo que chamar a policía...

2 Hartito

Y luego no hay juzgados en Vigo que lo juzgan en Barcelona Feijóo que está haciendo con galicia

1 asdfasdf

5 años después y 200.000 euros por una vida.... esta es la democracia que nos hemos dado entre todos¡¡¡