A Sociedade Galega de Historia Natural denuncia o abandono do rural ante os novos incendios en Ourense

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) denunciou o "abandono" do rural galego ante os novos incendios rexistrados esta semana na provincia de Ourense.

OURENSE | 07/10/2017 | Actualizada ás 13:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) denunciou o "abandono" do rural galego ante os novos incendios rexistrados esta semana na provincia de Ourense.

Nun comunicado remitido aos medios, a SGNH criticou que os "gobernantes sigan queimando o diñeiro" público en "extinción" mentres permanecen os "problemas profundos" que non son capaces de afrontar.

"Captamos nas persoas que día a día pelexan contra os lumes unha sensación de rabia, de impotencia, de desánimo e desesperación", asegurou a Sociedade, que alerta da resignación dos traballadores ante "unha situación que non ven que se queira resolver".

Ademais, a SGHN censura que "os que queiman os montes campen ás súas anchas" así como que "se permita calquera actuación" no terreo tras os incendios e preguntan pola Lei "que tantos anos leva esperando".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta