Temas: CATALUñA

Centos de persoas concéntranse en Galicia para pedir diálogo no conflito catalán

Mobilizazións nas principiais cidades convocads polo movemento 'Parlem, Hablemos'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2017 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Centos de persoas concentráronse na mañá deste sábado fronte aos concellos de varios municipios galegos para reclamar unha solución a través do diálogo ao conflito aberto en Cataluña. A convocatoria, baixo o nome de 'Parlem, Hablemos', difundiuse a través das redes sociais e, ao longo da mañá deste sábado, reproduciuse fronte aos concellos de moitas localidades de toda Galicia e do Estado.

Concentración na Coruña a prol do díalogo para a solución do conflito catalán
Concentración na Coruña a prol do díalogo para a solución do conflito catalán | Fonte: En Marea.

En Santiago de Compostela, ataviados con roupa branca e sen bandeiras, unhas duascentas persoas exclamaron na Praza do Obradoiro que "España é mellor que os seus gobernantes".

"Isto non o van a resolver eles", aseveraron os encargados de ler un manifesto no que piden unha solución dialogada ao conflito en Cataluña tras a celebración do pasado domingo do referendo de independencia.

Así, fixeron un chamamento "desde o amor e a fraternidade" para que tanto o Goberno español como o Govern catalán senten a negociar en base ao "respecto e o entendemento". Deste xeito, piden que non se utilicen as leis "para xerar un conflito civil".

No acto participou a coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada por En Marea no Parlamento galego, Eva Solla, que, en declaracións aos medios, pediu que se avance na creación "dun escenario no que os cataláns e as catalás poidan votar sen as presións que se deron o pasado domingo".

Concentración en Ferrol a prol do díalogo para a solución do conflito catalán.
Concentración en Ferrol a prol do díalogo para a solución do conflito catalán.

As mostras de apoio ao diálogo reproducíronse en todo o territorio galego.

Temas: CATALUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

8 anonimo

ridi total. esta iniciativa de soros no cuela, en vigo eran 50, (ji ji ji) y asi el resto, ya se ve la fotos que ponéis. preferimos nuestra bandera, la española.

7 podreiros e expaña

podreiros un.ha de cal por catro de área... onde esta a revolución... non ha revolución sinon expaña, sinon monoarqia, sinon rollos miserentos de todo tipo, son oportunistas, importalles ben pouco a revolución e a clase traballadora, o seu líder pableiras das jons o chamado coletas anda desaparecido, dicen que anda coa sua noiva nova nun chalet da moralexa metendo e sacando todo o tempo

1 Xaquín

Bruno: Vai tomar por onde se enfían as agullas

6 golfiño merendiño

Caro gatos podemitas que cando van a Cataluña andan cos CUP pero en Galicia españolean coa marea.

5 Olee

Cientos su eran 4 gatos

4 Undopobo

Tarde piachedes....Ata o de agora, qué? Nin golpe de estado, nin violar a Constitución, nin pisotear o Estatut, nin aplastar a oposición, nin acogotar aos disidentes coa turba nas rúas...Non merecedes crédito ningún. Deberiades denunciar o nazionalismo en xeral e, neste caso, o catalán en particular coma unha ideología populista, fascista e reaccionaria. Porque secuestrar a toda unha comunidade política sendo unha minoría e levantar unha fronteira para converter a un conciudadano nun extranxeiro, é unha mostra máxima de fascismo e violencia. E iso parte dunhas élites catalanas acostumadas a denostar ao resto dos españois, Galegos incluidos claro, aos que demostrando unha soberbia que raia no racismo, non teñen reparo en tildar de charnegos, atrasados e ignorantes. Dialogo, dialogo, bla,bla,bla. Dentro do Estado de Dereito e dos procedementos legáis, pódese falar de todo. Cos que reventaron a legalidade,, que paguen o dano que fixeron e están a facer nunha cárcere