Temas: CATALUñA

Centos de persoas concéntranse en Galicia para pedir diálogo no conflito catalán

Mobilizazións nas principiais cidades convocads polo movemento 'Parlem, Hablemos'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2017 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Centos de persoas concentráronse na mañá deste sábado fronte aos concellos de varios municipios galegos para reclamar unha solución a través do diálogo ao conflito aberto en Cataluña. A convocatoria, baixo o nome de 'Parlem, Hablemos', difundiuse a través das redes sociais e, ao longo da mañá deste sábado, reproduciuse fronte aos concellos de moitas localidades de toda Galicia e do Estado.

Concentración na Coruña a prol do díalogo para a solución do conflito catalán
Concentración na Coruña a prol do díalogo para a solución do conflito catalán | Fonte: En Marea.

En Santiago de Compostela, ataviados con roupa branca e sen bandeiras, unhas duascentas persoas exclamaron na Praza do Obradoiro que "España é mellor que os seus gobernantes".

"Isto non o van a resolver eles", aseveraron os encargados de ler un manifesto no que piden unha solución dialogada ao conflito en Cataluña tras a celebración do pasado domingo do referendo de independencia.

Así, fixeron un chamamento "desde o amor e a fraternidade" para que tanto o Goberno español como o Govern catalán senten a negociar en base ao "respecto e o entendemento". Deste xeito, piden que non se utilicen as leis "para xerar un conflito civil".

No acto participou a coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada por En Marea no Parlamento galego, Eva Solla, que, en declaracións aos medios, pediu que se avance na creación "dun escenario no que os cataláns e as catalás poidan votar sen as presións que se deron o pasado domingo".

Concentración en Ferrol a prol do díalogo para a solución do conflito catalán.
Concentración en Ferrol a prol do díalogo para a solución do conflito catalán.

As mostras de apoio ao diálogo reproducíronse en todo o territorio galego.

Temas: CATALUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

3 Nexus 6

Dentro de la Ley, no hay problema en hablar de lo que sea. Con la política de hechos consumados encima de la mesa, sometidos al chantaje de quienes se han puesto fuera de la Ley, no hay nada que hablar. Que vuelvan a la ley y luego lo que haga falta

1 Watchingsolpores

https://gl.wikipedia.org/wiki/Estat... Agradecería os teus comentarios sempre tan "atinado" co que hai que estar atinados.

2 Pablade pablade

Pablade o que queirades que significa o dialogo ese. Os cataláns xa o levan pedindo anos. En que queredes ir polo medio entre votar e que non deixen votar

1 RAMIRO DE YOLI

Sabedes que houbo concentracións noutros concellos e que outros cargos públicos tamén participaron , pero so facedes mención do acto de Santiago e de Eva Solla. DADES NOXO