A España ultranacionalista provoca á do diálogo e o entendemento

Manifestantes a prol da unidade de España concentrados na madrileña Plaza de Colón baixaron até Cibeles para enfrontarse á xente que, vestida de branco, pedía diálogo e concordia para solucionar o conflito catalán. A Policía Nacional tivo que interpoñerse para evitar a invasión por parte dos nacionalistas españois.

Por Alberto Quian | Madrid | 07/10/2017 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

850 metros. Esa era a distancia que separaba aos ultranacionalistas españois concentrados este sábado na Plaza de Colón dos cidadáns que piden diálogo e entendemento para resolver o conflito catalán. 850 metros que se reduciron a apenas dous en pouco tempo, cando un numeroso grupo de manifestantes con bandeiras españolas se achegou até Cibeles para provocar aos alí concentrados. Foi a exhibición das dúas Españas, da fractura dunha sociedade partida pola metade, da España dividida, da "unha, grande e libre" fronte á plural, multicultural, plurinacional e diversa. Unha España que provoca e insulta, chea de carraxe e ira, fronte a outra festeira, dialogante, pacífica e sen bandeiras. Dúas Españas separadas por apenas dous metros e unha ringleira de axentes da Policía Nacional.

Ultranacionalistas españois baixaron dende Colón a Cibeles, en Madrid, para provocar aos manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán
Ultranacionalistas españois baixaron dende Colón a Cibeles, en Madrid, para provocar aos manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.

Mentres milleiros de persoas tinguían de branco a Plaza de Cibeles, fronte o Ayuntamiento de Madrid, baixo o lema "Parlem, Hablemos", outra multitude maior vestía de 'rojigualdo' a Plaza de Colón, convocada pola Fundación Denaes para a defensa da Nación Española. O contraste era máis que notábel: en Cibeles, roupas brancas para simbolizar a paz e o diálogo, carteis a prol do entendemento, ningún altofalante para exaltar ánimos e sentimentos, mans axitadas ao aire como berro, batucadas... e ningunha bandeira; en Colón, milleiros de bandeiras 'rojigualdas' ondeando ao vento, arengas e berros pola unidade de España, desfiles de lexionarios, berros de odio cara a Cataluña e os "rojos", e marcha cara a Cibeles para provocar e desprezar aos pacíficos manifestantes concentrados alí.

Ese foi o momento máis tenso da xornada, provocado por un numeroso grupo de ultranacionalistas españois que se achegou até Cibeles coa única intención de enfrontarse cara a cara coas persoas que reclaman diálogo e entendemento. Non houbo, pola contra, provocacións do movemento "Parlem, Hablemos" aos concentrados en Colón, a onde non se achegou ninguén do movemento pola concordia.

Houbo previamente conatos de enfrontamentos causados por persoas que portaban bandeiras españolas e paseaban por Cibeles provocando aos alí concentrados con berros e consignas contra eles e a súa causa. Pero a efectiva intervención da Policía Nacional conseguiu aplacalos. Porén, cara a unha da tarde —unha hora despois de que comezasen as concentracións nas dúas beiras—, numerosos manifestantes do ultranacionalismo español desfilaron até Cibeles para provocar aos alí presentes. O dispositivo policial non era suficiente para frealos. De feito, só dous furgóns policias e media ducia de axentes separaban aos manifestantes de Colón dos de Cibeles, polo que nun momento houbo apenas un par de metros de separación entre uns e outros.

Fronte aos axitadores, os de branco decidiron entón facer unha sentada pacífica, mentres eran insultados e desafiados polos que portaban as bandeiras españolas. Foi entón cando a Policía Nacional aumentou o dispositivo de seguridade e interpuxo media ducia de furgóns e un numeroso grupo de axentes como barreira, para impedir o paso dos ultranacionalistas, que seguían buscando o enfrontamento cara a cara coa xente convocada en Cibeles. As concentracións deste sábado en Madrid foron unha manifestación máis de que España segue crebada. 

Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán
Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.

Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán
Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.
Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán
Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán | Fonte: Alberto Quian.
Ultranacionalistas españois, trala barreira policial creada na Plaza de Cibeles en Madrid para protexer os manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán
Ultranacionalistas españois, trala barreira policial creada na Plaza de Cibeles en Madrid para protexer os manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.
Sentada na Plaza de Cibeles en Madrid de manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán, provocados e insultados por ultranacionalistas españois
Sentada na Plaza de Cibeles en Madrid de manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán, provocados e insultados por ultranacionalistas españois | Fonte: Alberto Quian.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

18 Freixo

Obrigado por um titular coerente, embora muito moderado.

17 anonimo7568

GC ha superado a eldiario.es, la publicación de Nacho Escolar donde se pueden leer lindezas como las que escribe una tal Barbijaputa [1] o propuestas como dinamitar el Valle de los Caídos. Enhorabuena a GC por la plusmarca, ¡el listón estaba muy alto! [1] http://www.eldiario.es/autores/barb... [2] http://www.eldiario.es/zonacritica/...

1 Periodista indignado

Otro al que no le gusta que se informe de lo que sucede. Si no te gusta la realida, hay unos aparatos muy chulos de realidad virtual para que te montes tu realidad paralela a tu gusto. En el fondo, los que atacáis esta información sois aspirantes a censores de un Estado totalitario. Para criticar aporta argumentos y pruebas, no simples vómitos.

2 Triste

Estou contigo periodista. Pero teño medo. De novo pido aos galegos que están fóra que nos axuden... Miña nai de 87 anos está aterrorizada. Paz e diálogo, por favor, galegos que estades fóra, se queredes axudar pedide paz e diálogo. Por miña nai que ten 87 anos e non pode durmir dende hai semanas.

3 anonimo7568

La manipulación es el sesgo. Si yo periodista poco profesional, por ejemplo, le tengo una enorme manía a, pongamos, la ciudad de Jaén me basta con destacar todos los sucesos que ocurren allí: un día el robo de un coche; otro día, la detención de unos camellos que trapicheaban con pequeñas cantidades de droga; otro día, una pelea entre dos tipos pasados de copas ... Con semejante sesgo, la conclusión es que Jaén es un lugar peligroso. La manifestación fue pacífica; si elegimos dar sólo noticia de unos incidentes, al igual que los robos de coches, menudeo de droga y peleas en Jaén, estamos manipulando.

4 Adpopulum

Si yo, periodista profesional, le tengo enorme manía a los nacionalistas catalanes me basta con destacar cualquier conato de violencia de los nacionalistas ( hasta el de resistir a los porrazos) , olvidar la violencia y fascismo de los españolitas, intercalar noticias de los casos de corrupción de alguno de los líderes independentistas cada vez que se toca el tema de la independencia catalana; no dejar que hablen los independentistas en las tertulias sesgadas de la radio y televisión, escandalizarse de que no dejen usar el castellano en un bar y callar el que insulten los nazionalistas españoles (como los de G.B) al gallego todos los días en este medio. Y eso, si formas parte de un gobierno corrupto, repetirlo en TODOS los medios de prensa y televisión. Espera que me falta algo: Eso es manipulación, censura y dictadura...Abur, Ben Hur

16 De Laliy

Lo GC con esta noticia va contra cualquier tipo de ética periodistica, por mucho que censuren comentarios

1 Periodista indignado

Tú sí que no tienes ética al criticar la libertad de prensa y la labor de los periodistas. Si crtiicas, aporta pruebas de la supuesta manipulación o cállate y no eches mierda. Tendrías que vivir en un estado totalitario para saber lo que es. Eres otro aspirante a censor.

2 Otro periodista indignado

Esta gente no quiere que se sepa la verdad, es así de simple. Se lo cuentas y se ofenden. Solo quieren lo que critican, informaciones manipuladas. Para ellos el titular tendría que haber sido: "Los buenos españoles bajan de Colón a Cibeles para dialogar con los rojos de mier-da". Qué asco de sociedad tenemos. Nos machacan por contar lo que sucede, en Barcelona los nazionatas catalanes y en Madrid los nazionatas españoles.

15 Anonymous II

Para denunciar manipulación de un periodista hay que aportar pruebas y haber estado en el lugar como él. Si no es pura desfachatez e intento de censura de la verdad. Al menos el prriodista ha mostrado las imágenes de lo que dice.

14 galegorgullosodeselo

Onte xa escribín, e como no lles gustan as críticas a GC borráronos, que este medio está en contra dos galegos que nos sentimos españois e empregámolos símbolos de Galicia e España sen complexos. Polo que vexo, GC non é un medio plural e quere ser cómplice deses que pretenden o adoutrinamento dos novos galegos ao igual que sucedeu en Cataluña. A estas horas que escribo este comentario, está a haber unha multitudinaria manifestación en Barcelona contra a independencia. Parece ser que esto non lle interesa informar a GC, só falar dun imposible diálogo cos sectores máis recalcitrantes do independentismo radical máis ultramontano.

1 nostrus

Que GC é un diario que xira arredor do nacionalismo é publico e notorio. Que saibas que arredor do nacionalismo só existe a manipulacion, medias verdades, demagogia e terreo fangoso.

2 GConfidencial

O que non lle gusta a GC é que sinalen e tenten insultar aos seus xornalistas por informar do que acontece, guste ou non guste. E iso foi o que fixéches ti onte, e non imos pasar por iso. Podes dar a túa opinión do que queiras sobre Cataluña vs España, pero non imos permitir que se ataque como fixéches ti a un xornalista que estivo a pé de rúa mentres ti estabas na casa. Nós informamos e vós opinades, pero esiximos respecto para os profesionais que traballan neste medio. Cada vez que alguén ataque os nosos xornalistas e a súa liberdade de información, nós sairemos na súa defensa, por dignidade profesional. Nada máis.

3 Anonymous

Nostrus, eres un cachondo mental... y un manipulador. Empujas la carga semántica negativa de "nacionalismo" hacia el lado que te interesa, obviando que hay un nacionalismo español también. Si el nacionalismo es tan malo (yo así lo creo), critica todos los nacionalismos, no solo el que a ti te va mal por tus intereses y fobias. No seas tan hipócrita.

4 galegorgullosodeselo

En ningún momento lle faltei a ninguén. Dixen que GC manipulaba as noticias, non lle votei a culpa ao xornalista. Din tamén conta das consecuencias negativas que carrexaría unha hipotética independencia galega. Marcharíanse as escasas empresas coas que contamos. Amáis, paréceme de malgusto que GC resposte ás críticas dos seus lectores. Insisto en que non se poden adulterar as esencias de Galicia e poñelas nas mans duns sectores seitarios concretos que só buscan a súa supervivencia e a desgraza do resto. Estes grupos apoderáronse da bandeira e a lingua galega, coma se fora deles en exclusiva, cando é de todos cantos vivimos nesta terra. Por certo, eu non estaba sentado na miña casa como se di, senón traballando no meu negocio, como estou agora. Mañá luns, tocarame descansar, a primeira vez en quince días. Claro, como son tan vago....así me vai.

5 Anonymous II

Para denunciar manipulación de un periodista hay que aportar pruebas y haber estado en el lugar como él. Si no es pura desfachatez e intento de censura de la verdad. Al menos el prriodista ha mostrado las imágenes de lo que dice.

6 Periodista indignado

Mucho aspirante a censor es lo que hay en los foros de los periódicos. Solo aceptan aquello que se amolda a sus creencias y fe, desechan hechos, datos e imágenes y critican cualquier información que vaya contra sus posicionamientos ideológicos. Lo hacen los independentistas y lo hacen los españolistas. Eso significa que, en general, los periodistas lo estamos haciendo bien. Pero ya estamos hartos de que nos señalen. Tendríais que vivir en un régimen totalitarista, sin libertad de información y de prensa, para valorar nuestro trabajo los que aspiráis a censores de la información libre e independiente. Opinad pero no matéis a los mensajeros, o materéis la democracia.

7 Fada-laverca

Home, moi ben non o facedes. Tampouco esaxeres que non somos parvos. A ver se teño sorte e non me borran tamén o comentario.

8 Cabreado

Un periodista reclamando a súa honra... Que dicías ti cando me acusaban de impoñer a lingua de miña nai? Que dicías? Onde estabas e que facías? Honra... Sen h... Non. Anda xa. Excusatio non petita, accusatio manifesta. O que hai que ler!

9 Periodista indignado

'Cabreado', 1) como buen troll te sales del hilo de la conversación e introduces un tema que no viene a cuento con lo que estamos debatiendo; 2) como buen troll me hablas y me acusas como si me conocieses en persona y supieses quién soy, cuál es mi ideología... Vamos a ver, yo ni sé quién ni cuándo ni cómo te han acusado de imponer ninguna lengua a tu madre. Tú sabrás cuáles son tus circunstancias. A mí, por si quieres saberlo, me da igual la lengua o la identidad nacional de las personas, que cada uno hable lo que quiera y sea lo que quiera. Yo, repito, estoy aquí para defender la libertad de prensa y de información y a mis compañeros de profesión, que son víctimas de insultos y acosos por los nazionatas independentistas y españolistas estos días. Nada más. A quien le guste, bien, a quien no, me da igual. Yo estoy con este pilar fundamental de la democracia que es la libertad de prensa y contra la crítica destructiva. Saludos.