A España ultranacionalista provoca á do diálogo e o entendemento

Manifestantes a prol da unidade de España concentrados na madrileña Plaza de Colón baixaron até Cibeles para enfrontarse á xente que, vestida de branco, pedía diálogo e concordia para solucionar o conflito catalán. A Policía Nacional tivo que interpoñerse para evitar a invasión por parte dos nacionalistas españois.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 07/10/2017 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

850 metros. Esa era a distancia que separaba aos ultranacionalistas españois concentrados este sábado na Plaza de Colón dos cidadáns que piden diálogo e entendemento para resolver o conflito catalán. 850 metros que se reduciron a apenas dous en pouco tempo, cando un numeroso grupo de manifestantes con bandeiras españolas se achegou até Cibeles para provocar aos alí concentrados. Foi a exhibición das dúas Españas, da fractura dunha sociedade partida pola metade, da España dividida, da "unha, grande e libre" fronte á plural, multicultural, plurinacional e diversa. Unha España que provoca e insulta, chea de carraxe e ira, fronte a outra festeira, dialogante, pacífica e sen bandeiras. Dúas Españas separadas por apenas dous metros e unha ringleira de axentes da Policía Nacional.

Ultranacionalistas españois baixaron dende Colón a Cibeles, en Madrid, para provocar aos manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán
Ultranacionalistas españois baixaron dende Colón a Cibeles, en Madrid, para provocar aos manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.

Mentres milleiros de persoas tinguían de branco a Plaza de Cibeles, fronte o Ayuntamiento de Madrid, baixo o lema "Parlem, Hablemos", outra multitude maior vestía de 'rojigualdo' a Plaza de Colón, convocada pola Fundación Denaes para a defensa da Nación Española. O contraste era máis que notábel: en Cibeles, roupas brancas para simbolizar a paz e o diálogo, carteis a prol do entendemento, ningún altofalante para exaltar ánimos e sentimentos, mans axitadas ao aire como berro, batucadas... e ningunha bandeira; en Colón, milleiros de bandeiras 'rojigualdas' ondeando ao vento, arengas e berros pola unidade de España, desfiles de lexionarios, berros de odio cara a Cataluña e os "rojos", e marcha cara a Cibeles para provocar e desprezar aos pacíficos manifestantes concentrados alí.

Ese foi o momento máis tenso da xornada, provocado por un numeroso grupo de ultranacionalistas españois que se achegou até Cibeles coa única intención de enfrontarse cara a cara coas persoas que reclaman diálogo e entendemento. Non houbo, pola contra, provocacións do movemento "Parlem, Hablemos" aos concentrados en Colón, a onde non se achegou ninguén do movemento pola concordia.

Houbo previamente conatos de enfrontamentos causados por persoas que portaban bandeiras españolas e paseaban por Cibeles provocando aos alí concentrados con berros e consignas contra eles e a súa causa. Pero a efectiva intervención da Policía Nacional conseguiu aplacalos. Porén, cara a unha da tarde —unha hora despois de que comezasen as concentracións nas dúas beiras—, numerosos manifestantes do ultranacionalismo español desfilaron até Cibeles para provocar aos alí presentes. O dispositivo policial non era suficiente para frealos. De feito, só dous furgóns policias e media ducia de axentes separaban aos manifestantes de Colón dos de Cibeles, polo que nun momento houbo apenas un par de metros de separación entre uns e outros.

Fronte aos axitadores, os de branco decidiron entón facer unha sentada pacífica, mentres eran insultados e desafiados polos que portaban as bandeiras españolas. Foi entón cando a Policía Nacional aumentou o dispositivo de seguridade e interpuxo media ducia de furgóns e un numeroso grupo de axentes como barreira, para impedir o paso dos ultranacionalistas, que seguían buscando o enfrontamento cara a cara coa xente convocada en Cibeles. As concentracións deste sábado en Madrid foron unha manifestación máis de que España segue crebada. 

Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán
Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán | Fonte: Alberto Quian.

Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán
Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.
Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán
Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.
Ultranacionalistas españois, trala barreira policial creada na Plaza de Cibeles en Madrid para protexer os manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán
Ultranacionalistas españois, trala barreira policial creada na Plaza de Cibeles en Madrid para protexer os manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.
Sentada na Plaza de Cibeles en Madrid de manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán, provocados e insultados por ultranacionalistas españois
Sentada na Plaza de Cibeles en Madrid de manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán, provocados e insultados por ultranacionalistas españois | Fonte: Alberto Quian.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

13 Galeguista hispánico

Espero que despois do que está a suceder en Cataluña, Anova-IN, Podemos, IU, Equo e BNG formen unha coalición técnica do tipo MAREA GALEGA. Sería unha irresponsabilidade tendo en conta o sistema electoral. Poden ir xuntos ás eleccións e logo separarse no Congreso (nacionalistas por unlado e non nacionalistas por outro), como fixo Compromís, tas coaligarse coa esquerda estatal en "A la Valencià".

12 nostrus

"A España ultranacionalista provoca á do diálogo e o entendemento". Vaia titulat mais retorcido, manipulador e falso. Mellor quedaria: "A España antidemocrataica e intolerante expresa o seu feixismo ante a reaccion da España leal a Constitucion feita entre todos".

1 Galeguista hispánico

E que pensas, Nostrus, acerca de que Portugal, Xibraltar e Andorra non formen parte do Reino de España. Estás a favor dunha intervención en Portugal (parte de España en termos identitarios) por non aceptar a súa integración no Estado español?

2 Anonymous

Nostrus, ¿tú como puedes saber qué sucedió en Madrid ayer desde tu sofá ? ¿Cómo puedes saberlo mejor que los que sí estuvimos allí? Si te quieres montar tu propia posverdad eres libre, pero no vengas ni tú ni nadie a intentar desprestigiar a los periodistas que cuentan lo que vieron a pie de calle ni a los manifestantes que estábamos allí. En Madrid ayer hubo dos manifestaciones y el periodista las describe tal cual fueron, al igual que cuenta lo que sucedió, cómo los de Colón bajaron hasta Cibeles para provocarnos. Nadie se lo inventa, eso sucedió, con la Policía Nacional por medio poniéndose de barrera y parándole los pies a los provocadores. A mí me insultaron los de las banderas españolas; vinieron a buscar pelea; no se la dimos. Si tú y otros os queréis independizar de la verdad es vuestro triste problema, pero quedaos con vuestra miseria y mezquindad intelectual en vuestras casas y no vengáis aquí ni a otros medios a vomitar vuestra miserable posverdad.

3 nostrus

Anonymus, los que apoyabais el golpe de estado y tomadura de pelo al conjunto del pueblo habeis moderados vuestro lenguaje, debido a la evolucion de los acontecimientos y os habeis vuelto partidarios del dialogo con los chantajistas. Partidarios del dialogo tambien somos los que apostamos por la concordia y la lealtad, pero para dialogar, lo primero que hay que hacer es renunciar al chantaje.

4 Anonymous

Mira, Nostrus, no voy a entrar en ese debate porque es estéril. Unos estamos a favor del diálogo, otros lo están de la declaración de independencia unilateral y otros a favor de aplastar por las armas. En serio, sabiendo que eres un inmovilista no intentes convencerme de que apoye tu argumentario. Pero al margen de eso, que no me interesa, porque algunos no somos ni nazionatas catalanes ni nazionatas españoles, me alegro de que desvíes el hilo de la conversación y reconozcas que te has pasado. Basta ya de acusar y señalar a periodistas que simplemente hacen su trabajo. No seamos fascistas... Libertad de prensa e información, por ahí empieza la democracia. Luego tú opina lo que te dé la gana sobre el modelo de Estado pero deja de agredir a quienes informan, sobre todo cuando tú ni siquiera estabas allí y no sabes qué pasó.

11 Hercules

10 burgas

Tiña razón Victoria: "España huele a ano"

9 EXPAÑA E MERDA

pronto!!!! pronto habrá xustiza co do pepeiro e co expañolento... o pepeiro e moi ladron moi asasino, xente de pepeiro están falando de UCRANEA, de asaltar de dar panadeiras de hoxtias, de roubar polos comercios de Barcelona de rachar rodas de coches... incluso din de asaltar edificios públicos en especial o concello de barcelonas...

1 Ferrolano

De que circo te escapastes, jajajjaja menudo troll, deja de fumar eso es malo perroflauta