A España ultranacionalista provoca á do diálogo e o entendemento

Manifestantes a prol da unidade de España concentrados na madrileña Plaza de Colón baixaron até Cibeles para enfrontarse á xente que, vestida de branco, pedía diálogo e concordia para solucionar o conflito catalán. A Policía Nacional tivo que interpoñerse para evitar a invasión por parte dos nacionalistas españois.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 07/10/2017 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

850 metros. Esa era a distancia que separaba aos ultranacionalistas españois concentrados este sábado na Plaza de Colón dos cidadáns que piden diálogo e entendemento para resolver o conflito catalán. 850 metros que se reduciron a apenas dous en pouco tempo, cando un numeroso grupo de manifestantes con bandeiras españolas se achegou até Cibeles para provocar aos alí concentrados. Foi a exhibición das dúas Españas, da fractura dunha sociedade partida pola metade, da España dividida, da "unha, grande e libre" fronte á plural, multicultural, plurinacional e diversa. Unha España que provoca e insulta, chea de carraxe e ira, fronte a outra festeira, dialogante, pacífica e sen bandeiras. Dúas Españas separadas por apenas dous metros e unha ringleira de axentes da Policía Nacional.

Ultranacionalistas españois baixaron dende Colón a Cibeles, en Madrid, para provocar aos manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán
Ultranacionalistas españois baixaron dende Colón a Cibeles, en Madrid, para provocar aos manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.

Mentres milleiros de persoas tinguían de branco a Plaza de Cibeles, fronte o Ayuntamiento de Madrid, baixo o lema "Parlem, Hablemos", outra multitude maior vestía de 'rojigualdo' a Plaza de Colón, convocada pola Fundación Denaes para a defensa da Nación Española. O contraste era máis que notábel: en Cibeles, roupas brancas para simbolizar a paz e o diálogo, carteis a prol do entendemento, ningún altofalante para exaltar ánimos e sentimentos, mans axitadas ao aire como berro, batucadas... e ningunha bandeira; en Colón, milleiros de bandeiras 'rojigualdas' ondeando ao vento, arengas e berros pola unidade de España, desfiles de lexionarios, berros de odio cara a Cataluña e os "rojos", e marcha cara a Cibeles para provocar e desprezar aos pacíficos manifestantes concentrados alí.

Ese foi o momento máis tenso da xornada, provocado por un numeroso grupo de ultranacionalistas españois que se achegou até Cibeles coa única intención de enfrontarse cara a cara coas persoas que reclaman diálogo e entendemento. Non houbo, pola contra, provocacións do movemento "Parlem, Hablemos" aos concentrados en Colón, a onde non se achegou ninguén do movemento pola concordia.

Houbo previamente conatos de enfrontamentos causados por persoas que portaban bandeiras españolas e paseaban por Cibeles provocando aos alí concentrados con berros e consignas contra eles e a súa causa. Pero a efectiva intervención da Policía Nacional conseguiu aplacalos. Porén, cara a unha da tarde —unha hora despois de que comezasen as concentracións nas dúas beiras—, numerosos manifestantes do ultranacionalismo español desfilaron até Cibeles para provocar aos alí presentes. O dispositivo policial non era suficiente para frealos. De feito, só dous furgóns policias e media ducia de axentes separaban aos manifestantes de Colón dos de Cibeles, polo que nun momento houbo apenas un par de metros de separación entre uns e outros.

Fronte aos axitadores, os de branco decidiron entón facer unha sentada pacífica, mentres eran insultados e desafiados polos que portaban as bandeiras españolas. Foi entón cando a Policía Nacional aumentou o dispositivo de seguridade e interpuxo media ducia de furgóns e un numeroso grupo de axentes como barreira, para impedir o paso dos ultranacionalistas, que seguían buscando o enfrontamento cara a cara coa xente convocada en Cibeles. As concentracións deste sábado en Madrid foron unha manifestación máis de que España segue crebada. 

Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán
Lexionarios desfilan aclamados na concentración na Plaza de Colón en Madrid pola unidade de España e contra o referendo catalán | Fonte: Alberto Quian.

Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán
Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.
Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán
Concentración na Plaza de Cibeles en Madrid a prol do díalogo para a solución do conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.
Ultranacionalistas españois, trala barreira policial creada na Plaza de Cibeles en Madrid para protexer os manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán
Ultranacionalistas españois, trala barreira policial creada na Plaza de Cibeles en Madrid para protexer os manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán | Fonte: Alberto Quian.
Sentada na Plaza de Cibeles en Madrid de manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán, provocados e insultados por ultranacionalistas españois
Sentada na Plaza de Cibeles en Madrid de manifestantes a prol do diálogo e do entendemento no conflito catalán, provocados e insultados por ultranacionalistas españois | Fonte: Alberto Quian.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

8 galego

Esta é a España real. Por iso os cataláns queren marchar, e fan ben. Galiza debe iniciar un proceso parecido, e deixar a estos energumenos con 'su bandera'

7 nostrus

Os que apoiades aos separatistas fadédelo porque non soportades aos catalans e amosades a vosa deslealdade reciproca. Pero os demais non temos porque ser coma vos e reservamonos o direito de non desprendernos do que tamen é noso. Antinostrus: eu creo que ti non es tal como pareces e o teu curariase con auga e xabón. O dia que te laves probablemente sexas unha persona normal, inda que terias que estar un bon rato a remollo.

1 Cachondeorix

Os que apoiades aos españolistas sodes como pantasmas feixistas. Como pantasmas porque semellades non vivir na realidade, para vos tanto ten que as políticas do goberno traian a fame á xente, como vivides do estado español e do conto, non vedes as colas para pedir comida nin as miserias do vos "Imperio". Como feixistas porque non parades de facer propaganda do réxime inda que sexa un fracaso e os nacionalistas o fagan centos de veces millor que os vosos. O mundo estaría millor sen xente coma vos ou poñéndovos a traballar con esas gadoupiñas. Non aportades nada, só cheiro a feixismo, palabras sen sentido, e pedradas escondéndovos detrás do apoio dun estado necesitado de mamporreiros de baixo nivel.

6 Xanti

Oiches, todo moi ben, pero estamos a sábado xDDDDD O carallo non é iso, o carallo é o da delegación do goberno e o número de asistentes. Para facerse unha idea Cibeles é mais grande que Colón, e a delegación do goberno dixo o contrario...

5 Olee

Pero este país está lleno de neonazis todos vinieron para España es para preocuparse un país que tenga un rey dictador que amenaza a su pueblo y un pueblo fascista este país está loco y lleno de asesinos en potencia

4 Antinostrus

O da Dereita (na Terceira Foto) non é o Cipaiomononeuronal do Nostrus??.