Controlado un incendio forestal declarado nas inmediacións do Parador de Verín (Ourense)

Un incendio forestal declarado nas inmediacións do Parador de Verín (Ourense) permanece controlado e afecta a unha superficie de 2,30 hectáreas de monte raso.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2017 | Actualizada ás 18:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un incendio forestal declarado nas inmediacións do Parador de Verín (Ourense) permanece controlado e afecta a unha superficie de 2,30 hectáreas de monte raso.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, as lapas iniciáronse ás 14,25 horas nas inmediacións do parador situado na parroquia de Pazos e quedaron controladas ás 16,53 horas.

Nos labores de extinción participa un axente, dúas brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta