Ferida unha muller ao caerlle enriba un depósito de auga en Cangas (Pontevedra)

Unha muller resultou ferida este sábado pola tarde na súa vivenda ao quedar atrapada debaixo dun depósito de auga de 200 litros. Os feitos sucederon no municipio pontevedrés de Cangas, na Avenida de Bueu.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2017 | Actualizada ás 19:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida este sábado pola tarde na súa vivenda ao quedar atrapada debaixo dun depósito de auga de 200 litros. Os feitos sucederon no municipio pontevedrés de Cangas, na Avenida de Bueu.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 15:30 horas a través da alerta do 061-Urxencias Sanitarias. Acto seguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros do Morrazo, á Policía Local e a Protección Civil da localidade.

Finalmente, a muller foi trasladada nunha ambulancia ata un centro hospitalario.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta