Guerra contrata con un alto cargo do PP vigués

O conselleiro de Economía pagará máis de medio millón en anuncios á axencia dun ex-concelleiro e compañeiro de militancia no PP de Vigo.

Por Walter Burns | Vigo | 01/11/2010 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Juan Francisco Martínez Herrera Escribano é alto cargo no comité de dirección do PP de Vigo, partido polo que foi concelleiro. Segundo os datos do Rexistro Mercantil consultada por GC, o secretario executivo de Acción Territorial do PP vigués ten a metade das accións da consultora “Canal Uno de Comunicación S.L”.

None

Esta axencia acaba de gañar un concurso de máis de medio millón de euros para facerlle unha campaña de publicidade á Consellería de Economía. A consellería está dirixida por Javier Guerra, tamén militante do PP vigués.

Guerra gastará máis de 590.000 en anuncios co obxectivo de crear “unha nova mentalidade (...) do orgullo de facer as cousas máis como as fan os países máis avanzados do mundo”. Máis do 40% dos cartos públicos gastaranse en mercar espazo en diarios, mentres que para internet queda o 6% da campaña.

Non é a primeira vez que empresas de Juan Francisco Martínez Herrera son polémicas por lograr adxudicacións de administradoras gobernadas polos seus compañeiros de partido.

Canal Uno, principal axencia da era Porro no Concello

Corina Porro, líder do PP olívico, contratou con Canal Uno máis de 614.000 euros cando era alcaldesa.

O enorme gasto en propaganda de Porro na súa etapa como edil foi moi partidista, segundo explicara El País.

Ademais de Canal Uno, Asesores de Servicios Integrales de Comunicación, S.L. (Abano), de Gestión Asesoramiento y Mediación, S.L. (Mega) y de Asesores de Servicios Integrales de Publicidad, S.L. (Significantia) facturaron ao concello máis de 400.000 euros. As tres empresas estaban relacionadas con Mapi Egea, que fóra xefa de gabinete de Porro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

7 XULIO

USTEDES LO TIENEN FÁCIL. PUBLIQUEN LAS ADJUDICACIONES DE PUBLIOCIDAD DE LA XUNTA DE GALICIA DE LOS ULTIMOS 8 AÑOS Y TAMBIEN DEL AYUNTAMIENTO DE VIGO Y CONFECCIONEN UNA CLASIFICACIÓN DE AGENCIAS, AÑADAN LOS CONVENIOS CON LOS DIARIOS Y YELEVISIONES Y RADIOS LOCALES Y SE LLEVARÁN GRANDES SORPRESAS, INLUIDO ALGÚN ANONIMO

6 un calquera

Así se poñen os pepeiros de negros cando perden en algún lado o poder. Así se poñen os xornais dos pepeiros cando non teñen o poder. É sinxelo coma a auga clara, se non teñen poder a metade deles non comen, nen manteñen o iate, nen teñen bós números na empresiña montada para recoller pasta pública.

5 Fernando González

Si, si, moita corrupción, sen dúbida, pero aquí tamén queremos algo de farándula, como en Marbella. U-las fotos de Corina Porro no seu iate? Ou xa as publicou Interviu e non me enterei? ;)

4 un calquera

Teñen unha disciplina espartana todos os fachorreiros do PP. Cando a corrupción é do PSOE ou do BNG non paran de sacar o tema polas tabernas. Cando é do PP non oíron nada, son faladurías, non se sabe, bueno home bueno todos son iguales....ou por suposto na prensa non din nada debe ser mentira. E Manoliño e Manolo por onde andan?, boh, deixádeos, seguramente non saben nada.

1 Manoliño

Díxenvolo varias veces. Os casos de corrupción do PSOE son mais que os do PP de acordo coa memoria da Fiscalía do ano 2009, por moito que ao grupo PRISA lle dea por darlle bombo, botarse fora de cristiáns, como fan con Garzón, publicar postais falsas do papa, relacionar a ampliación de Alvedro coa desaparición do marisco na ría do Burgo, e demais frikadas propias do grupo PRISA. Tedes que pedir moitos perdóns, que a xente hai tempo que non vos quere (carromeiro, seaga, muiño de vento, defender a delincuentes como Bóveda, a asasinos como o que citei noutro fío, que matou a unha tendeira de Arteixo e á súa filla de 12 anos, e agora lle levantades un monumento).

2 Manoliño

¿Cres que todos somos como ti ou como os de PRISA? 730 casos abertos por corrupción, dos cales 200 son do PP, peeeeeeeero 264 son do PSOE http://tinyurl.com/353wlfm Hai que ler e escoitar menos as frikadas do grupo prisa.

3 un calquera

Que falla fai que veña o papa Benedito para algúns. Se aquel fai mal eu estou entón lexitimado para tamén facer mal é a antiga lei de Moisés. Ollo por ollo, dente por dente. Moción de censura por moción de censura, e roubo por roubo. Pero o cristián Manoliño non é iso. Non é o PP democratacristián pois "Haz el bien y no mires a quien", e a predicar co exemplo para evanxelizar, o resto son caralladas dos fachorreiros que soltades só cando vos convén...

4 Manoliño

¿Quen che dixo que eu son cristián? Simplesmente son unha persoa. Como tal, respecto aos demais para ser respectado. Por suposto que cando non me respectan respondo coa mesma moeda, ou pódese ir a man. Pero vaia, eu como son ben educado, por aquelo de pobre pero honrado, non empezo a repartir cando non me reparten a min antes. Hala talogo.

3 rosebud

Que din os medios de comunicación galegos?, que dirían se fose Touriño ou Quintana os que soltan a pasta?. SILENCIO, SILENCIO, por favor..... que rouba o PP.

1 Alfonso García

Boh, que noticia, Cabaleiro, o amañachaquetas de Fraga, dándolle cartos aos seus. Iso si, polo menos Galicia Confidencial tómase a molestia de mirar quen hai detrás das contratacións, non coma outros medios, que iso de investigar "algo" sónalles a chinés. Parabéns a GC polo seu traballo.