Onda de lumes en Ourense tras despedir a Xunta persoal contra incendios

Xa van case 100 hectáreas en lumes estabilizados no Carballiño, Vilariño de Conso, Chandrexa de Queixa e Lobios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2017 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

Ourense segue ardendo. Aos lumes declarados a pasada semana e que superararon as 400 hectáreas, súmanse agora outros en varios concellos, destacando os de Vilariño de Conso, con 65 hectáreas queimadas e O Carballiño, con máis de 20 hectáreas. Unha situación que ten lugar logo de que a Xunta despedira máis de 430 persoas do operativo anti lumes do verán, quedando desprotexido o operativo de loita contra as lapas. Unha decisión que tentou solucionar contratando persoal sen experiencia polo aumento dos lumes.

Lume en Vilariño de Conso
Lume en Vilariño de Conso

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o primeiro lume localízase na parroquia de Lobás, no Carballiño, onde comezou ás 20,02 horas do domingo e quedou estabilizado ás 3,20 horas deste luns.A provincia de Ourense rexistra outro tres incendios, dos que dous están controlados --Chandrexa de Queixa e Lobios--.

Así, segue estabilizado desde as 20,04 horas do sábado o incendio declarado ás 22,35 horas do venres na parroquia de Chaguazoso, en Vilariño de Conso, que queimou unhas 65 hectáreas.

Mentres, prosegue controlado desde as 20,10 horas do martes o lume rexistrado desde as 20,07 horas do luns 2 de outubro na parroquia Río Caldo do municipio de Lobios, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. As últimas estimacións sitúan a superficie afectada nunhas 20 hectáreas.

Tamén continúa controlado desde as 15,47 horas do venres o lume que se iniciou ás 22,45 horas do xoves na parroquia de Queixa no concello ouresano de Chandrexa de Queixa. Segundo as últimas estimacións, afecta a unhas 70 hectáreas, das cales 60 corresponden a monte raso e 10 a arborado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Con r

Feijóo, atrévete a dicilo: son os cataláns!

2 arturo

Home, a redacción da noticia é pouco afortunada: ¿ quérese decir que son os despedidos os que prenden lume ? Un pouco forte, nonsi ?

1 Human torch

Que queredes insinuar con "tras despedir a Xunta persoal contra incendios" ?