Temas: LUGO

Mozos buscan solucións para combater o paro xuvenil e ter iniciativa empresarial

Mozos de Galicia, Portugal, Italia e Francia debaten esta semana en Lugo fórmulas contra o paro e a desigualdade no marco do Keep Moving!, un novo proxecto Erasmus+.

Por GC Emprende | Lugo | 09/10/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Un total de 30 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos e procedentes de Lugo, Portugal, Italia e Francia debaterán ao longo desta semana fórmulas contra o paro e a desigualdade. Será nun encontro que se celebra no marco do Keep Moving!, o novo proxecto que conseguiu o Concello a través do Erasmus+, que busca dar voz á xuventude europea, coñecer de primeira man a súa realidade e intercambiar coñecementos para buscar solucións conxuntas e innovadoras aos seus problemas.

Presentación da feira de emprendedores Pont Up Store 2016
Presentación da feira de emprendedores Pont Up Store 2016

“Trátase de fomentar o pensamento crítico da mocidade, implicándoos nas problemáticas sociais que afectan especialmente aos países europeos artellando para elo mecanismos e estimulando a iniciativa asociativa e empresarial que permitan a participación activa dos xóvenes no eido institucional e educativo para conseguir una sociedade inclusiva, plural, aberta e creativa”, explicaron as Concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e Cultura, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

O programa Keep Moving! está impulsado polo Concello de Lugo e conta coa participación do municipio de Tábua (Portugal), Redi Educare ai diriti humani de Follonica (Italia) e Intercultura de Francia.   

O Keep Moving! incluirá ata o venres unha serie de debates sobre o emprego e a inclusión, abordada dende distintas perspectivas: a evolución dos perfís profesionais, como desenvolver talentos, novas oportunidades dixitais no emprego e autoemprego, a creatividade, a comunicación e a imaxe persoal orientadas á busca de emprego, ou o emprendemento. 

Este programa dá continuidade ao Young Lab, que o pasado ano impulsou tamén o Concello co mesmo obxectivo de dar voz aos mozos e mozas para deseñar unha estratexia global contra o paro. Neste caso, aos socios de Portugal e Italia, sumouse tamén Francia.

Temas: LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta