A Xunta convida aos estudantes galegos en Cataluña a trasladar o seu expediente a Galicia

Aos alumnos non universitarios garantiráselles "unha praza en centros sostidos con fondos públicos" e aos universitarios o traslado do expediente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2017 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

A Xunta expresou que se pon a disposición dos estudantes galegos que cursan os seus estudos en Cataluña para ofrecerlles facilidades á hora de trasladar o seu expediente a Galicia "debido á actual situación de inestabilidade social e política".

Celebración  no referendo de independencia de Cataluña
Celebración no referendo de independencia de Cataluña | Fonte: Miguel Nuñez

Así o indicou este luns o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, na súa visita ao CIPF Politécnico de Santiago, onde aclarou que o chamamento se estende ao alumnado universitario e non universitario.

Segundo o comunicado emitido pola Xunta, aos alumnos non universitarios garantiráselles "unha praza en centros sostidos con fondos públicos", mentres que aos universitarios, a Consellería "ofrece todo o apoio necesario para facilitar a tramitación de traslado de expediente ás universidades galegas".

Deste xeito, a Xunta ponse a disposición dos alumnos para levar a cabo "un labor de intermediación coas propias universidades, tendo en conta a situación concreta de cada titulación e centro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 D\ LAVAÑOU

Dn Román Rodriguez....O que non ren que facer sacha os nabos ,,A s burradas qui di este político para chupar páxina ,,,,

1 D\LAVAÑOU

¿PORQUÉ?