Ourense comeza a baixar a presión da auga algunhas horas por mor da seca

Limitación da limpeza de rúas e supresión das fontes ornamentais son outras das medidas anunciadas esta mañá, medidas que comezan a adoptarse por todo o país ante a situacioń de seca..

Por Galicia Confidencial | Ourense | 09/10/2017 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

Ante a alerta por seca activada o íia 5 de outubro pola Confederación Hidrográfica Miño Sil e que afecta ó Concello de Ourense, a Concellería de Infraestruturas e Medio Ambiente en colaboración con Viaqua poñen en marcha una serie de actuacións con carácter inmediato para evitar futuras restricións na subministración de auga na cidade. 

Rolda de prensa sobre a seca en Ourense
Rolda de prensa sobre a seca en Ourense | Fonte: Viaqua

Ourense súmase así aos numerosos concellos que empezaron a tomar medidas ante a falta de choiva. Todos os meteorólogos coinciden en que un outubro como até agora, sen apenas choiva, pode provocar unha situación moi grave.

As medidas, presentadas no salón de plenos, pretenden optimizar o consumo reducindo “2.500 litros diarios, a medida dunha piscina olímpica, no consumo municipal”, en palabras do concelleiro José Araújo, pero tamén concienciar os particulares de que, “malia que en Galicia estamos moi afeitos a que nos sobre auga, cada medida axuda a non derrochar”, segundo Ana Tejeiro, xerente de Viaqua en Ourense.

As medidas que adoptará o Concello reducirán uns 2.500 m³ diarios a través medidas como: supresión de consumos en continuo nas fontes ornamentais; redución dos horarios de rego de xardíns municipais; e redución dos baldeos para limpeza de rúas, limitando o consumo de auga para este fin.

Redución nocturna da presión de auga. Ademais, Viaqua levará a cabo unha redución sectorial na presión nocturna nalgunhas zonas concretas con redutoras electrónicas de presión. Desta forma, segundo garantía Francisco Bretal, responsable de Operacións de Viaqua, “a cidadanía non notará a redución da presión, que se exercerá entre as 01:00 e 06:00 horas da mañá”, ao tempo que se reduce o nivel de auga bombeada.

 

Pola parte da empresa concesionaria, divulgarase o folleto informativo “10 razóns para aforrar auga”, que se repartirá entre asociacións veciñais, nos centros educativos e na praza de abastos. 

 

Tags: #seca
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta