A abstención de PP e C's impide debater en Ferrol unha moción en apoio á folga nas auxiliares

A CIG e o BNG cargan contra o alcalde a quen acusan de non darlle a voz aos traballadores no pleno. "Iso é demagoxia" di Jorge Suárez que argumenta que non o fixo porque a proposición non saíu adiante polos votos contrarios de PP e C's.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 10/10/2017 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A abstención do Partido Popular e Ciudadanos, así como a ausencia de tres edís, impediron debater no pleno de Ferrol unha moción do BNG sobre a folga indefinida que os traballadores da industria auxiliar manteñen desde o pasado día 5 nos estaleiros que a empresa naval pública ten na ría de Ferrol.

Folga nas auxiliares de Navantia na Ría de Ferrol
Folga nas auxiliares de Navantia na Ría de Ferrol

A favor de debater esta proposta situáronse o goberno de Ferrol en Común, PSOE e BNG, ademais dunha das edís non adscritas, pero a ausencia doutros tres concelleiras, dúas do goberno e unha terceira que xa non forma parte do executivo, imposibilitou que se aprobase a urxencia da moción, tras a abstención do Partido Popular e de Cidadáns.

Ao principio dun pleno que é a continuación da sesión ordinaria do mes de setembro, que comezou ás 9,00 horas, o secretario municipal manifestou que ao non ratificarse a urxencia desta moción non se pode tratar o asunto, para o que é necesaria a maioría absoluta --13 votos de 25--.

CRÍTICAS DOS TRABALLADORES

Tras esta decisión, o alcalde Jorge Suárez lamentou que non se puidese debater a moción, cuestión que provocou a protesta dun pequeno grupo de traballadores da industria auxiliar que se desprazaron ata o Consistorio. Ademais, o responsable de CIG-Industria, Vicente Vidal, abandonou a sala criticando de maneira aireada esta decisión, xa que tiña intención de tomar a palabra para explicar a situación deste colectivo.

Vidal cualificou de "escándalo" o vivido no pleno municipal e criticou ao alcalde por "apoiar non se sabe a quen, se a Navantia, para que lles roube o diñeiro aos traballadores ou a favor da que as empresas incumpran e que por iso tivesen que pechar unha chea delas pola chegada de compañías de fóra tirando os prezos".

Ante esta situación, os dous edís do grupo municipal do BNG neste Concello, o portavoz, Iván Rivas, e Roberto Montero, decidiron abandonar o pleno "pola falta de respecto que se lles mostrou aos traballadores da industria auxiliar".

ACUSACIÓN DE DEMAGOXIA

Unha vez ocorrido isto, Jorge Suárez asegurou que se "debería de respectar o resultado da votación" e acusou a outros edís municipais de facer "demagoxia". Xa fose do pleno, en declaracións a Europa Press, o nacionalista Iván Rivas catalogou de "escándalo que se lle negue a palabra aos traballadores do principal sector produtivo da cidade".

E é que, na súa opinión, ante a folga que están a protagonizar "o mínimo que terían que ter é o apoio institucional de toda a corporación do Concello de Ferrol e non negarlles a palabra tal e como aconteceu".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 RAMIRO DE YOLI

O alcalde ten que facer o que lle manda Yoli Procesiones e o seu curmán Ledo de CCOO, que non apoia a folga dos traballadores

1 LKI

O alcalde ten que facer o que lle manda o 22% de ferrolás que votou por FeC, non ao 7,5% que tirou co voto facéndoo polo BeNeGá.

1 Pufos BnG

En definitiva, o BnG instrumentalizando de novo a CiG para seguir facéndolle o traballo suxo á dereita espaÑola (Pp-C´s) na súa guerra contra as mareas. Noxento.

1 Mareando perdigones PPSOEIROS

¡Pero home! Se os vosos o fan mal é normal que vos poñan a catro patiñas...ou fixestes algo? Vos cumplides a mesma función que cumple si que es pot en Cataluña...restar votos a quen quere autogoberno para facer ALGO, como se fixo en Allariz, Pontevedra, etc. De feito se non fose por siq 'pot o goberno non tería mais cunha sospeitosa unidade PPsoeira para opoñerse aos independentistas, pero ahí estades vos para darlle "lexitimidade pola esquerda". Porén plan, o que se di plan de goberno, non tedes ningún, como tampouco o tiña Yoli cando despotricaba contra Reganosa e agora cala. Sodes un pouquiño lerdos...poñédevos a traballar ¡FACEDE ALGO!

2 comunista independentista

O Bloque quere morrer matando. E o españolismo aplaude. O que non saben os blocallos é que a quen se van cargar non é ás Mareas, senón á pobre Cig á que tanto están a queimar coa súa instrumentalización. Mágoa.

3 Mareando PPsoeiros

Erras de medio a medio se és das Mareas (que o dubido moito). Aquí os que lle dan ás aos PPsoeiros sodes vós. Se non facedes nada van gañar votos onde NUNCA terían que voltar. O medo que lle tedes ao nacionalismo, e a vosa propia función de roubarlle votos, poñendo a os calzóns por riba do vestido de lunares (xa se ve no papel que facedes en Cataluña, onde facedes o papel de "puristas" que serven de apoio ao PPSOE ) ainda non vos deixou facer NADA en positivo. Podes esperar coma voitre o enterro do BNG, o principal é que NON FACEDES NADA, igual co PPSOE, non tedes ideas, nin plan para Galiza, nin reivindicades nada, nin se pode esperar que cambiedes ( polo que vexo); así que os que deben morrer sodes vos (PPSOEcs +Mareas) e non o BNG; porque se non, Galiza vai vivir no estranxeiro.

4 LKI

"xa se ve no papel que facedes en Cataluña" Hai Mareas en Cataluña? Primeira noticia. "así que os que deben morrer sodes vós (...) e non o BeNeGá; porque se non, Galiza vai vivir no estranxeiro". Identificación Galiza=BeNeGá. UPeGallo de manual (e fala de "ausencia de ideas").

5 Mareando PPsoeiros

" Hai Mareas en Cataluña? Primeira noticia" Cataluña si que es pot non é a gtadoupiña estatal metida ao nacionalimo? Qué son as Mareas? ..."O Bloque quere morrer matando. E o españolismo aplaude" Logo, o de traballar un pouquiño por Galiza mátavos. "Identificación Galiza=BeNeGá. UPeGallo de manual" Identificación de pedir traballar por Galiza con ser da UPG. PPsoeiro de manual. Non aportades ren ¡Veñan as vosas ideas ho! ¿Tedes algunha? Pedides a AP9 ou queredes que sexa gratuita?, ¿Tedes un plan para o naval, creación de emprego, comunicacións , trens internos, apoio ás TICs, difusión da cultura galega na lusofonía, reclamo de competencias autonómicas, pechar o ciclo do papel, sector leiteiro, aproveitamento do rural, etc.? (e falade de ausencia de ideas, tamén se queredes).