Decretan prisión para o brigadista detido como presunto autor de seis incendios no Xurés

O Xulgado de Bande (Ourense) decretou prisión para o membro da brigada municipal do Concello de Lobios (Ourense) detido pola Guardia Civil como presunto autor de seis incendios forestais no Xurés.

OURENSE | 10/10/2017 | Actualizada ás 15:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Xulgado de Bande (Ourense) decretou prisión para o membro da brigada municipal do Concello de Lobios (Ourense) detido pola Guardia Civil como presunto autor de seis incendios forestais no Xurés.

Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, o pase a disposición xudicial do brigadista produciuse na mañá deste martes en Bande, cuxo o xulgado decretou prisión, polo que o home ingresará no cárcere ourensán de Pereiro de Aguiar.

Fontes da Fiscalía sinalaron a Europa Press que o Ministerio Público pediu prisión para o brigadista porque recoñeceu a maioría dos feitos que se lle imputan.

Esta detención realizouse no marco da 'Operación Lumex', na que a investigación, xunto ao testemuño dalgúns veciños, levou á detención este luns de M.G.F., veciño de Puxedo, Lobios, de 21 anos.

Durante o verán producíronse varios lumes na comarca de Baixa Limia e detectouse que os incendios foran provocados, con focos distribuídos en ladeiras de forte pendente para que se propagasen "o máis rápido posible", segundo informou a Guardia Civil nun comunicado.

Pola súa banda, fontes da investigación explicaron que o membro da brigada municipal do Concello de Lobios "utilizaba o itinerario desde o seu domicilio ata a base da brigada para plantar lume", mentres "todos os incendios producíanse a escasos minutos do comezo da súa xornada laboral".

PRETO DE VIVENDAS

De feito, cando o distrito de extinción de incendios detectaba o comezo dos lumes, o brigadista detido "atopábase traballando, polo que en ocasións el mesmo era desprazado a apagar o incendio que provocara". Nalgúns casos, as lapas "chegaron a pouco máis de cen metros" de vivendas, como o ocorrido en Silvares de Grou, Lobios, o 22 de agosto.

En concreto, impútaselle un incendio declarado o 30 de xullo nos Chaos, Lobeira (3,5 hectáreas de arborado queimadas); outro o 14 de agosto en Lobios (0,40 hectáreas de raso); e outro o 16 de agosto, en Lobios (0,30 hectáreas de arborado).

A lista prosegue o 22 de agosto, en Silvares de Grou (Lobios), con 2 hectáreas de arboledo arrasadas; o 27 de setembro, en San Martiño Araúxo (Lobios), con 10.000 metros de arborado calcinados; e o 2 de outubro, en Feiravella (Entrimo), con 2.500 metros de arborado afectados.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta