Fiscalía abre dilixencias de investigación contra a Fundación Franco

Analiza a posible existencia dun delito de odio nas súas comunicacións públicas dos últimos meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2017 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

A Fiscalía de Santiago de Compostela abriu dilixencias de investigación contra a Fundación Francisco Franco para analizar a posible existencia dun delito nas súas comunicacións públicas dos últimos meses, que a denuncia interposta por Esquerda Unida tipifica como de odio.

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás

Segundo confirmaron a Europa Press fontes do Ministerio Público, tras recibir a denuncia da formación política este luns, abríronse dilixencias de investigación para determinar se nos feitos denunciados hai indicios de delito.

En caso de localizar estes indicios durante a investigación, a Fiscalía presentará unha querela ante o xulgado de garda e, pola contra, decretará o seu arquivo.Esquerda Unida denunciou esta semana ante a Fiscalía á Fundación Nacional Francisco Franco por un posible delito de odio ante a "negación dos crimes de lesa humanidade" cometidos polo réxime durante os anos da ditadura. En concreto, a formación política pediu ao Ministerio Público que investigase as consideracións incluídas nas súas declaracións e comunicados.

No mes de agosto, tras as peticións de ilegalización da fundación por parte de varios grupos políticos e organizacións polo conflito co Pazo de Meirás, a entidade emitiu un comunicado no que dicía que "Franco non fusilou a ninguén" e que entre as funcións da entidade está a defensa de vítimas da Fronte Popular e a reclamación de que se produciu "un xenocidio de católicos".

Para Esquerda Unida, esta e outras declaracións realizadas nos medios por representantes da Fundación Francisco Franco poderían constituír un delito de odio "por negación dos crimes de lesa humanidade" cometidos durante a Guerra Civil española e os 40 anos de réxime ditatorial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 flipping

Juassss, el comunismo, el mal absoluto, el reverso del nazismo y mucho más asesino, que cometió delitos de lesa humanidad claros durante el franquismo con su "guerrilla", en tanto que asesinó a población "no combatiente", resulta que escupe para arriba. Eran tan malvados que hasta un gobierno socialista francés ilegalizó al PCE en el país vecino en 1950.