Temas: GASTRONOMíA

Allariz presume de carne de boi

Un total de 22 establecementos hostaleiros ofrecen menús especiais con carne de boi de Allariz como ingrediente estrela e 15 deles participan no concurso de tapas de boi de Allariz

Por X.M. Fernández | Allariz | 11/10/2017 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

Allariz celebra, do 29 de setembro ao 15 de outubro, as VI Xornadas de Carne de Boi de Allariz. Nestes días os restaurantes e taperías da localidade dedican a súa cociña a este manxar. Dende menús a tapas, en forma de picaña, chuletón, hamburguesa ou brocheta, entre moitos outros, serviranse en Allariz a prezos que van dende os 2€ (as tapas) ata os 65€.

Carne de boi. Fonte: Concello Allariz
Carne de boi. Fonte: Concello Allariz

A programación inclúe cociña en vivo e degustacións de pratos elaborados con carne de boi de Allariz no Mercado da Reserva da Biosfera, os sábados 30 de setembro, 7 e 14 de outubro.

As xornadas están enmarcadas no proxecto “Allariz Sabe”, unha iniciativa que cumpre seis anos que ademais de contribuír á dinamización económica da localidade  buscan situar a Allariz como lugar de referencia gastronómico e turístico.

Uns 3.000 quilos de carne de 6 bois, de razas autóctonas criadas nos montes de Penamá, permitirán a elaboración de menús especiais e tapas que o conxunto da hostalería de Allariz ofrecerán ata o vindeiro domingo para que “gocemos desta carne de excelente calidade”.

Menús especiais.  Fonte: Concello Allariz.
Menús especiais. Fonte: Concello Allariz.
Temas: GASTRONOMíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 si pero non...

son bois, mais non bois...

1 cesc

ehh?

2 M. Meixide

Son na ampla maioría vacas vellas, retiradas da produción, pero os finos prefiren esconder a realidade.

3 non pero si...

quero decir, bois eran os de fai 35-40 anos, tiraban polo carro carretando pedras, pinos, ou labraban de sol a sol, dixo unha vez un que provara a carne dun de eses ultimos mohicanos que nunca tal como eso comera a nivel de carne, os de ahora son bois si.. pero de gym, non de papar tralla de obra, non sei se me entendes, entre outras cousas porque o animal do que falaba aquel conocido era un bicho de perto 20 anos outra cousa que a dia de hoxe e case imposible de ver