Temas: LUMES

Arden cen hectáreas no Courel

En pleno outubro, con boa parte do dispositivo de extinción desmantelado, os lumes seguen asolando os espazos naturais máis importantes da Galicia interior. Primeiro foi o Xurés e agora é o Courel.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2017 | Actualizada ás 20:56

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou dun incendio activo no municipio lucense de Folgoso do Courel que afecta a unha superficie estimada dunhas 100 hectáreas.

Incendio no Courel
Incendio no Courel | Fonte: BRIF Laza

Segundo indicou o departamento autonómico, o lume iniciouse sobre as 7,27 horas deste mércores na parroquia de Meiraos, en Folgoso do Courel.

Nos labores de estabilización e control deste lume traballan un técnico, dous axentes, 18 brigadas, seis motobombas, tres pas, sete helicópteros e dous avións.

Temas: LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Galileo galiciano

O incendiario que, moi probablemente, é da contorna onde comezou o lume, chámase Feijóo segundo di “Antilumes”. Xa está ben de tratar de arredar a responsabilidade dos incendios: OS RESPONSABLES SON OS INCENDIARIOS.

1 Antilumes

Non, amiguiño: os responsables son os que teñen a obriga de gobernar un país e deixan que o lume o arrase. E iso ten un nome: Feijoo

1 Antilumes

Bravo, Feijóo, segues arrasando!

1 Jaliña choca

La culpa es del jobierno.... jobierno malo...asasino... Aquí arden miles de hectáreas de alcolitos en el Corel... Corel plagado de alcolitos.. jobierno y alcolitos malos... asasinos.. Ai non espera, que nin o goberno prende lumes, nin no Courel hai eucaliptos... Pufff, pobres antis de todo, teñen que buscar un novo argumento.