Santiago defende cortar eucaliptos e plantar árbores do país

O Partido Popular de Santiago denunciou a “corta masiva e indiscriminada” de árbores nunha leira municipal. O Concello defendeu onte a súa actuación en Lamas de Abade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/10/2017 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

“Todo o que se retiriu de alí son plantas invasoras, eucalitpos e piñeiro; ningún deles cumpría a normativa que a Xunta de Galicia” argumentou  Rafa Peña, concelleiro de Medio Rural.

Rafa Peña
Rafa Peña

O edil de Compostela Aberto foi un paso máis alá e dixo que “continuaremos cortando eucaliptos” nos terreos públicos. Peña adiantou que en Lamas de Abade repoboarán para montar un “bosque autóctono”.

O político asegura que foron dous centros educativos próximos os que se queixaron ao municipio polo estado da súa parcela. Ao constantar que a leira estaba inzada de mato e árbores pirófolas, o Concello rozouna usando un contrato pola vía de urxencia, dado que estabamos en época de alto risco de incendios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

5 Pepw

De verdade que a oposicion de Santiago non ten máis ca facer ca protestar por uns eucaliptos, cando en Galicia se talan centos ou miles ou día para as celulosas. Unha cousas é un xardín botanico e outra o monte. Ademais non se pode ter eucaliptos a lado das casas, dío unha norma autonómica

4 unmais

Que absurda discusión, é obvio que hai espazo para todas as especies, pero hai que regulalas, o que non pode haber e un monocultivo de eucalipto, so porque a corto prazo e mais rendivel, e dizer podes córtalo con 15 anos non hai que esperar 50, hai que pensar tamen nos que veñen detrás. Por outro lado comparar a Mariña con Pontevedra ou Ourense é absurdo, na Mariña chove no vran, mentres que nos Sur os vrans son moi secos, con tendencia a aridez estival

3 Eu mesmo

Fan ben. Eucaliptos fora!. Especie invasora coma o fiuncho da pampa. Non arden no norte de Lugo porque a Ence alí non lle interesa que ardan. É obvio. Mentes obtusas non queren velo ou, pior, son iñorantes ou, pior aínda, son vasalos da pasteira. "galegoexiliado", "Jaliña choca" ou "En fin", sodes cipaios de Ence?. Cánto vos pagan por perder o tempo e a decencia nos foros abertos?. Hai un que até dí que o eucalipto non seca nada, chaval, tí eres de Madrid ou qué?

1 Fumedecarozo

Sinceramente, xente coma ti que repite un mantra porque sí da un pouco de pena. Non son de Madrid non, son galego, e ando moito monte. No norte de Galicia Ence merca para a súa pasteira de Navia e non sei se sabes que o prezo en fábrica da Madeira queimada é ínfimo, polo que hai décadas que a ninguén lle interesa que o monte arda. O eucalipto non seca nada homiño. O que parece de Madrid es ti ou que hai anos que non pisas Galicia. Infórmatee deixa de insultar, pobre de mente.

2 Fumedecaro zote

Si, o eucalipto non seca nada, nin é invasora nin se beneficia dos incendios. Non leo máis.

2 galegoexiliado

No monte Pedroso cortaron arcolitos de mais de setenta anos e mais de un metro de diámetro, seique lles molestaban aos pijolojistas invasores do Concello. No paseo da Alameda quedan varios arcolitos centenarios, veremos canto duran. A ver si ahora continúan talando as malas herbas que invaden a casa do concello compostelán. Mentras tanto os rios sar e Sarela seguen invadidos de maleza e zarzas que non deixan ver o seu cauce nin medrar as troitas, pero os neopijolojistas sonche de piñón fixo, so ven arcolitos. Menos mal que xa queda pouco pa poda electoral, que desta volta vai ser poda polas raices pa desmarexar o concello.

1 zarzas

zarzas

2 maleza

maleza

1 Jaliña choca

Claro claro claro... Y siempre la misma vaina chico... el eucalipto es malo y arde solo y más que el roblecito y el castiñeirito... es por eso que la mariña de Lugo está inzada de lumes tu... y también desde Órdenes a Touro y desde Val do Dubra a Sobrado, ardió todo chico... En Lugo y Ourense ni un lume en roblecitos y castiñeiros tu... ni uno... son como los trajes de los bombieros. Pero el eucalipto chico... el eucalipto... ese prende solo... se autoinflama... hay que verlo. Y la normativa...30 metros para el pino y el eucalipto... la cumplimos... pero pone 10 para el resto... los cortasteis?

1 compostelan

Vai o médico, faiche falta. Faime caso.

2 Mariña

A ti o titulo de cuñado quédache grande.

3 Baudelaire

Ti es parviño de todo ou que? acaso non esta cientificamente demostrado que o eucalipto e malo? arde mais facil seca toda auga que topa e debaixo del non medra nada, e non e maxia e ciencia. toda a leña arde, pero non toda a leña arde igual meu rei ^^ e ademais a ti que che importa o que se corte ou deixe de cortar, a cuestión e quen a corta, coma sempre. Anda empeza a usar un pouco a loxica antes de escribir a primeira parvada que se che pasa pola media neurona que tes

4 En fin

Baudelaire. Cando escribas sobre algo, por favor, non recurras a wikipedia dos ecoloxistas. O eucalipto non seca nada, consume incluso menos auga que moitas frondosas. Hai zonas de terceira corta (30 anos) en Galicia nas que a produtividade segue sendo a mesma, incluso se mellorou a estrutura do chan grazas aos aportes de biomasa da planta, e non secou nada. Debaixo do eucalipto medran especies heliófilas e incluso se dan casos de fungos comestibles en zonas de aucaliptos de 30 anos (cando acaden os 80 como algún carballo) o sotobosque non será distinto. A leña arde se lle plantan lume e nas plantacións de eucalipto ben xestionada a incidencia do lume é menor incluso que nas fragas. Por favor, un pouco de seriedade e menos demagoxia.