Mareas atacan a Somos Fene por sumarse ao PP e botar ao Bloque

A moción de censura en Fene está a desatar unha gran polémica na esquerda galega. O feito que unha candidatura que se presentou como marea, Somos Fene, se alíe co PP para botar do goberno a un pacto de esquerdas (BNG+Esquerda Unida) provoca fortes reaccións.

Por Galicia Confidencial | Fenre | 13/10/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Así, En Marea “rexeita categoricamente a moción de censura”. A confluencia a nivel galego acusa ao PP de seguir “coa liña de mercadeo político como xa fixo en Ssnxenxo e está facendo en Tui” e a un Feijóo que "trafica cos orzamentos da Xunta para prometer as mesmas obras que lle son denegadas aos gobernos municipais que non están na súa órbita".

Corporación de Fene
Corporación de Fene

Pola súa banda, o partido nacionalista máis importante nas mareas, cualifica a moción rexistrada para o seu debate de “fraude á veciñanza” con “formas caciquís” e “clientelismo”. Para ANOVA resulta “indecente” a “estratexia do PP de recuperar alcaldías a calquera prezo”.

O concelleiro da Marea Atlántica Alberto Lema carga contra Cerna, un dos partidos  promotores da candidatura de Somos Fene. “A xente de Cerna facendo o que sabe facer, forza aos compañeiros do BNG”, escribe.

Na oposición hai doce edís nunha corporación municipal de 17, PPde ten 7 edís, Somos Fene 2 e PSdeG 3; fronte a só 5 do bipartito formado polo BNG (4) e Esquerda Unida(1). A crise no concello comezou en agosto do ano pasado, cando rachou o goberno local ao saíren Somos Fene e PSdeG. 

Daquela quedou gobernando en minoría o Bloque con só catro edís. A prevesible moción de censura foi paralizada inicialmente cando os dous concelleiros de Somos Fene foron expulsados de Participación Democrática Directa, o partido instrumental que usaron de ferramenta para os comicios locais os de Somos Fene. 

Con todo, o xulgado acaba de deixar en suspenso esta expulsión, polo que non se lles pode aplicar o pacto antitransfuguismo aos edís de Somos Fene, posibilitando que secuden unha moción de censura. O debate da moción de censura será o 26 de outubro e o resultado previsible é que o novo alcalde sexa do PP.

En opinión do BNG local, o PSOE tamén ten parte de culpa. “Aproveitándose da suspensión cautelar da expulsión dos concelleiros de Somos Fene do seu propio partido, e antes de que saise unha resolución en firme, hoxe o PP e o propio Somos Fene presentou a Moción de Censura contra o alcalde do BNG Juventino Trigo (O PSOE estivo de Celestina en todo momento pero desta vez non subiu a "estudiar a viabilidade da moción" como da outra vez, eso si, estaban abaixo esperando para celebralo). Cando de cartos se trata non hai esquerda nin dereita que valga”, láianse dende o Bloque de Fene.

Os conservadores xustifican a moción para “poñer fin ao desgoberno no Concello”.  En opinón do PPdeG o actual edil Juventino Trigo é “ilexítimo” dende que botou do goberno aos seus socios e quedou en “franca minoría”. Gumersindo Galego, ex-alcalde e líder do PP de Fene, lembra que o municipio non logrou aprobar os orzamentos polo que está “paralizado” e vivindo das rendas do anterior goberno. 

Nin Somos Fene, nin Cerna nin os edís no centro desta treboada política (Xoán Manuel Rodríguez Bastida e César Castro) explicaron polo de agora a súa postura. 

Esquerda Unida, cuxo único representante sumouse ao BNG cando marcharon do goberno Somos Fene e PSOE, xa manifestou o seu "total rexeitamento" a esta iniciativa, posto que entenden que é "inadmisible e inxustificable presentar unha moción de censura que entrega o goberno a un partido que practica políticas antisociais e duros recortes contra os dereitos da cidadanía". Na súa opinión, a actuación de Somos Fene é "irresponsable e só pode ser consecuencia de intereses partidistas que se antepoñen aos intereses dos veciños".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Olee

Los de somos fene son dos del pp que no los pusieron primero en la lista del pp que Galicia tiene el mayor número de traidores y falsos por metro cuadrado del mundo