A Policía busca un home por tratar de levarse unha cativa nun vehículo

A Policía Local de Cambados (Pontevedra) pediu a colaboración cidadá a través do seu perfil de Facebook para tratar de localizar a un individuo que, supostamente, convidou a subir ao seu coche a unha nena de 13 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2017 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

Segundo apuntan, foi a nai da menor a que se puxo en contacto coa Policía para advertir de que un home se dirixiu á súa filla instándoa a que se subise ao seu coche e dicíndolle que coñecía á súa nai, algo que non era certo.

Policía Local
Policía Local | Fonte: cambados.es

Segundo apuntan os axentes, o home é un individuo de barba canosa voluminosa e chapeu de tea de cor verde, que ía ao volante dun vehículo grande de cor negra tipo Furgón Jumper, Sprinter ou similar. O vehículo, engaden, podería non levar cristais na parte traseira ou telos tintados e presentaba un golpe na aleta traseira, no lado dereito.

Os feitos, indican, ocorreron sobre as 20,30 horas da tarde deste mércores no cruzamento das rúas Real e Valle-Inclán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta