Arden os grandes parques naturais de Galicia

O parque natural de Baixa Limia, do Xurés e zonas de "alto valor ecolóxico" do Courel levan varios días ardendo. Xa son máis de 800 as hectáreas queimadas nestas zonas. Galicia mantén activos 14 lumes e bombeiros lusos tiveron que desprazarse a zonas limítrofes para axudar nas tarefas de extinción.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 13/10/2017 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Os grandes parques naturais de Galicia están queimándose. O da Baixa Limia, o do Xurés e importantes zonas de Courel levan días padecendo intensos lumes, a maior parte deles intencionados. Unha situación que afecta xa a máis de 800 hectáreas dun gran valor ecolóxico. Nos últimos días son case 2.000 as hectáreas queimadas.

Un brigadista loita contra o lume no Xurés
Un brigadista loita contra o lume no Xurés

En Lobios (Ourense), segue controlado desde as 22,00 horas do xoves o lume que comezou o domingo pola noite na parroquia de Río Caldo e que afecta a unhas 650 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No mesmo municipio desde as 18,46 horas do xoves está controlado outro incendio iniciado ás 23,41 horas do domingo na mesma parroquia que queimou unhas 90 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia.

No Courel son xa 150 hectáreas as que arderon nun lume declarado ás 7,27 horas do mércores na parroquia de Meiraos no municipio de Folgoso do Courel (Lugo) e que afecta a zona de Rede Natura de "alto valor ecolóxico".

Así o confirmou a Europa Press fontes da Consellería do Medio Rural e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro Ochoa, quen recalcou que "o 96 por cento" do municipio está dentro de Rede Natura.A rexedora subliñou que este lume foi "provocado descaradamente" e lembrou que a zona xa ardera en 2013 "e volveron prender outra vez", lamentou.

Bombeiros lusos

Tal é a situación dos lumes do Xurés que preto de medio cento de bombeiros lusos están botando unha man desde hai tres días. De feito, mesmo instalaron unha base avanzada moi preto da fronteira de Portela de home para coordinarse coas autoridades galegas.

Últimos incendios na serra do Courel
Últimos incendios na serra do Courel

A sítuación de seca e a falla de efectivos está provocando que este mes de outubro sexa especialmente virulento en materia de lumes. Este mesmo venres manteñense activos 14; 11 incendios na provincia de Ourense, tres na de Lugo e outro na de Pontevedra.

Así, en Vilariño de Conso son catro os incendios e logo tamén Manzaneda, Chandrexa de Queixa, Lobios e Vilar de Barrio rexistran focos importantes. En Lugo, o do Folgoso do Courel e outros en Chantada e Cervantes. Pola súa banda, na provincia de Pontevedra, permanece activo outro incendio en Silleda, que afecta a máis de 100 hectáreas.

Críticas dos sindicatos

Nós últimos días sindicatos como CC.OO. ou asociacións como Aprofiga denunciaron a falta de medios para facer fronte aos lumes. Unha falta de medios que coincide co despido, o pasado 1 de outubro, de 430 traballadores temporais do servizo contra incencios.

O último en sumarse ás críticas é CIG-Administración que di que a a última vaga de lumes de Outono colleu á Xunta " en panos menores" co período de alto risco natural xa finalizado. Por iso, esíxelle a Medio Rural os movementos necesarios para unha readaptación do servizo as novas realidades do rural galego. "É imprescindíbel asumir que desapareceron os conceptos de estacionalidade sobre os que pivota o dispositivo - non so arde no verán- , o persoal debe estar contratado tal e como recolle o convenio para abranguer estas novas afrentas e poder facer unha prevención real e por suposto, planificada", denuncia nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Rip

Juntos de la mano, hacia la extinción

4 Gulio

Desgraciadamente os principales responsables son galegos que viven preto dos lumes. Iso é todo

3 Carlos GV

Mentres o Virei da Espanha en Galiza anda ocupado do procés de Catalunya, não olha o deserto que deixa na Galiza. (Complicado ler o texto da imaxe)

2 anonimo

E ainda se manifestaron hoxe en Santiago..., queimalos a eles era pouco. E Fdez. Couto demisión xa!

1 anonimo

Aos brigadistas pirómanos sí que había que aplicarlles o 155. Delincuentes. E ao director xeral de montes, demitilo dunha p..a vez por chulo