Formación para futuros emprendedores na USC

Continúa aberta a inscrición no programa de competencias profesionais EMPRÉGA-T.

Por GC Emprende | Compostela | 13/10/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Durante os meses de outubro e novembro a Universidade de Santiago converterase de novo nun espazo de aprendizaxe para a mellora da empregabilidade e o desenvolvemento do potencial emprendedor. Á xa tradicional edición en Santiago, este ano o programa Emprega-T desenvólvese tamén no campus de Lugo. O programa, que xa ten abertas as inscricións, ten recoñecemento académico de 1 crédito ECTS optativo.

Mozo emprendedor
Mozo emprendedor

As actividades de Emprega-T pretenden ofrecer unha formación complementaria aos estudantes nas denominadas competencias brandas, habilidades persoais, sociais e directivas, co fin último de mellorar as súas competencias profesionais de cara a afrontar o seu futuro laboral.

O programa contempla un bloque dedicado á formación, con oito seminarios e obradoiros sobre comunicación, autocoñecemento, posicionamento, prácticas internacionais ou emprendemento, e a exitosa experiencia Talent’s Loop, un laboratorio no que as persoas participantes simularán un proceso completo de busca de emprego.

Ademais, este ano ponse en marcha en Compostela o novo bloque ‘Relacióna-T: Universidade na rúa’, con eventos fóra das aulas para seguir aprendendo nun ambiente máis relaxado e animado. Serán catro eventos nos que os participantes poderán relacionarse con persoas emprendedoras de diferentes sectores que impartirán pílulas formativas e compartirán a súa experiencia. Cada evento finaliza cunha dinámica de networking, na que se trata de fomentar a relación entre todas as persoas asistentes. 

No último dos catro eventos os protagonistas serán dez estudantes, previamente seleccionados, que farán unha presentación pública do seu valor profesional ou da súa idea emprendedora dun xeito visual e atractivo, contando para iso cunha titorización individualizada.

Próximos seminarios

A vindeira actividade no Campus de Santiago é o seminario Comunica-T do día 17, no que se ofrecerán ferramentas coas que desenvolver e potenciar as competencias e habilidades comunicativas para o futuro laboral. Traballaranse habilidades individuais como falar en público, liderado, estratexia, consecución de obxectivos, argumentación, elaboración dun discurso/presentación, empatía, concreción e capacidade de síntese, improvisación e xestión do tempo. Este seminario será o 21 de novembro en Lugo.

Tamén a próxima semana en Santiago terá lugar a actividade Coñéce-T, centrado en descubrir as fortalezas e os puntos de mellora individuais para saber empregalo en favor de cada un e adecuar a candidatura ao perfil profesional ofertado. Este seminario desenvolverase en Lugo o 22 de novembro.

Vénde-T e Móve-T, sobre a forma máis axeitada de elaboración de candidaturas e prácticas internacionais e mobilidade, serán os seminarios dos días 24 e 26 de outubro en Santiago, respectivamente. En Lugo terá lugar Vénde-T na tarde do 21 de novembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gabriela

Gran formación para todos aquellos que deseamos aprender. Desde aquí, dar las gracias por estos cursos que tanto pueden ayudarnos. El mayor problema algunas veces es conseguir una financiación correcta a los proyectos que tenemos en mente, pero con este curso seguro que podemos conseguir más de una idea para convencer a inversores.