Cerna desvincúlase da moción de censura en Fene

Asegura que os dous concelleiros de Somos Fene non pertencen a este colectivo nacionalista, tras as críticas de cargos do BNG e da Marea Atlántica.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/10/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Cerna, o colectivo nacionalista que se escindiu de Anova e que forma parte de En Marea, desvinculouse da moción de censura en Fene, tras o pacto acadado entre Somos Fene e o PP para sacar da alcaldía ao BNG e Esquerda Unida.

A cúpula de Cerna, con Consuelo Martínez e Luis Eyré, entre outros
A cúpula de Cerna, con Consuelo Martínez e Luis Eyré, entre outros | Fonte: EP

“Ante certas informacións erróneas con motivo dunha moción de censurano Concello de Fene, fai saber á opinión pública que na candidatura de "Somos Fene" non hai ningunha persoa afiliada ao noso partido”, apunta este grupo nun comunicado tras as críticas que lle choveron desde distintos ámbitos.

Así, o concelleiro da Marea Atlántica Alberto Lema cargou contra Cerna e o responsabilizou da decisión de Somos Fene. “A xente de Cerna facendo o que sabe facer, forza aos compañeiros do BNG”, escribiu nas súas redes sociais. Tamén cargos do BNG sinalaron directamente a esta formación nacionalista.

En Marea xa publicou o mércores, en canto se confirmou a presentación da moción de censura,  un comunicado no que “rexeita categoricamente a moción de censura presentada por Somos Fene co apoio do Partido Popular no Concello de Fene e que segue a liña de tráfico político coa que o PP está operando en concellos como Sanxenxo, Tui ou o propio Fene”.

Con todo, e a pesar de criticar esa moción públicamente e de deixar claro que os dous concelleiros non teñen nada que ver coas mareas, este venres Bieito Lobeira, membro da Executiva Nacional do BNG, insistía en vincular o acontecido con En Marea. Así, pedía explícitamente ao seu líder, Luís Villares, que tome medidas contra os dous edís de Somos Fene, “máis alá de aspectos declarativos”. O BNG goberna en Fene co apoio de Esquerda Unida, outro partido que forma parte de En Marea, e que tamén desmentíu que a formación que lidera Villares estea detrás desta moción de censura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

8 M. Meixide

Arredor do Palleiro medran as malas ervas! Corenta anos de tecemanexes e non aprendemos!

1 Fada-raposa

Sabedes se os do Palleiro en Chantada, léase Libiao de Marrao, pactaron co Partido Podre na localidade? Non todos son iguais, estupenda Kollona, na falsa progresía do Beneguai e das Mareas de Podemos están os piores! Por certo, Pedro Sánchez, o teu favorito, saiu rá: http://m.eldiario.es/politica/inevi...

7 Romalde

https://galdo-fonte-xm.blogspot.com...

1 Gamela

Os desertores de En Marea non só perderon a vergoña senón que tamén esqueceron que a democracia, ademais do dereito a voto é aceptar a vontade dos electores Dende o minuto un En Marea rompeu calquera representatividade agás o seu propio afán de poder, de aí que Villares preferise a Cerna antes que os alcaldes na súa Coordinadora... E seica agora os tránsfugas non son de ninguén ? En Marea estase a converter nunha VERGOÑA NACIONAL !!! https://twitter.com/Gamela2017/stat... O peor de todo esto é que están queimando á xente por un plato de lentellas !!!

2 Tadetas

Galdo Fonte, contanos as túas andainas con Patita cando eran o concelleiro de Urbanismo de Fene con o Bnguai ?

6 Uns

Que pregunten na súa casa si os coñecen, pois parece que se formaeon por xeración espontanea

5 Lediciafenesa

Que peniña da Ferrolterra

4 XUIZ VILLANIAS

Meten o pepeiro no gobernó!!!!! señores eu o dixen votar podreiros, votar -Vieiras era meter o pepeiro no gobernó, non son un tolo sinon autentico adiviño mistico como o meigo HANUSSEN, informesen meus amigos, e miren o que esta facendo o pepeiro en catalunñas, están fostiando o pobo, en mandriles siguen roubando os empresarios, as ratas e o pepeiro, incluso barcenas esta veraneando en chaletes de luxo na manga do mar menor, estanse dando a gran vida a costa de levar o pobo a miseria... e o podreiros mete o pepeiro... VOTACHES PODREIROS MAREADOS POIS AGORA GOBERNA O PEPEIRO!!! Galiza comenzara a erguerse cando o podreiros sexa exorcizado cando o ilusionismo comunismo desapareza enton vai ser un autentico NACIONALISMO PURO SIN EXPAÑOPALETOS SIN SEFARDISTAS POLO MEDIO!!! Galiza para os galegos,