A polo podio en Kona

O galego Iván Raña disputa hoxe en Hawai (18.35 hora galega) o seu quinto Campionato do Mundo Ironman, no que aspira a repetir o sexto posto do seu debut no 2013.

Por gcdeportes | Compostela | 14/10/2017 | Actualizada ás 09:11

Comparte esta noticia

Non renuncia a nada na súa quinta participación no Campionato do Mundo Ironman. O galego Iván Raña (Ordes, 1979), un pioneiro no tríatlon español, o primeiro en gañar un título mundial (2002, Cancún), loita este sábado en Kona (Hawai) polos primeiros postos da proba máis famosa do ultrafondo: 3,8 quilómetros de natación, 180 quilómetros de bicicleta e 42,197 quilómetros de carreira a pé.

Iván Raña, durante o Mundial Ironman do ano pasado en Hawai.
Iván Raña, durante o Mundial Ironman do ano pasado en Hawai. | Fonte: @ivanranafuentes

Leva xa varias tempadas o veterano Iván Raña na longa distancia. E queda lonxe a súa mellor participación en Hawai, na que acadou nunha espectacular sexta posición no seu debut en 2013, tras lograr o mellor tempo no maratón de todos os participantes. Despois, foi 17º en 2014 e 12º no 2015, lonxe do nivel que desexaba. O pasado ano, volveu ao top-ten e rematou na novena posición.

Coma sempre, as previsións de calor e vento, sobre todo no segmento de ciclismo, serán protagonistas da proba polas estradas de Hawai. Iván Raña agarda estar cos mellores na bicicleta, para poder ter opcións no maratón final, no que sempre remonta posicións. “Chego con boas sensacións, porque creo que lle estou pillando a medida o tema do adestramento, cada día máis específico; e, aparte, coñezo a carreira, e os intres nos que hai que estar ao cento por cento, non só ir ao teu ritmo, senón estar co grupo de diante”, asegura Raña, que completou a súa preparación en Lanzarote e en Madrid, instalado dúas semanas na Residencia Blume.

Todo optimismo, Iván Raña non renuncia a nada, pois xa ten dito que lle gustaría subir ao podio en Kona antes de retirarse. O principal favorito será un ano máis o alemán Jan Frodeno, vencedor no 2015 e 2016, que busca a terceira vitoria consecutiva. Ademais, tamén loitarán polo podio o estadounidense Ben Hoffman, o canadense Lionel Sanders, os tamén alemáns Andi Boecherer e Sebastian Kienle ou o belga Van Lierde. A proba comeza ás 18:35 hora galega (a chegada, arredor de oito horas despois) e pode seguirse en ironman.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Undopobo

Pois a ver se lle dan a medalla de ouro na co na esa do car allo