Navantia emprenderá accións legais contra a CIG pola folga de auxiliares

A empresa acusa ao sindicato de causarlle "danos e prexuízos" polo paro indefinido, que cumpre este sábado o seu décimo día.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2017 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

A empresa naval pública Navantia remitiu este sábado un burofax ao sindicato CIG no que a compañía responsabiliza á central nacionalista de "todos os danos e prexuízos" que a folga de carácter indefinido que ten convocado este sindicato en solitario desde o pasado 5 de outubro nas compañías auxiliares que operan nos dous estaleiros situados na Ría de Ferrol.

Traballadores auxiliares de Navantia en Ferrol.
Traballadores auxiliares de Navantia en Ferrol.

No documento, a dirección de Navantia tamén lles traslada que ten previsto "emprender todas as accións legais que sexan necesarias".

Por parte da empresa que preside Esteban García Vilasánchez estímase que este paro, que cumpre nesta xornada o seu décimo día consecutivo, onde os convocantes reclaman que todos os traballadores das compañías cobren polo menos segundo as táboas salariais dos acordos do ano 2001, "está a supor un grave prexuízo ao sector naval de Ferrol e estanse pondo en risco moitos dos empregos".

PREOCUPACIÓN

Segundo estas mesmas fontes, varios foron xa os clientes do departamento de reparacións que "trasladaron a súa preocupación por como se están desenvolvendo os acontecementos".

"E onde tampouco está a ser do agrado da Armada de Australia a presenza deste conflito", engaden, sobre todo a estas alturas do ano onde Navantia participa nun concurso convocado polo país insular para a construción de ata nova fragatas, onde compite coa británica BAE Systems e a italiana Fincantieri.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Sacrificado povo

O dereito a greva tamén¨vai ser sacrificado? e os manolos do bombo aplaudindo a estes franquistas e o seus cans de presa.

2 O que hai que ler

OS sindicatos a queimar empresas mentores eles a cobrar.

1 O que hai que ouvir

Totalmente de acordo. Mira o que fixeron coas Caixas de Aforro, Abengoa, Pescanova, Fadesa... Tamén mira o que fixeron co Taxlease, ou mesmo co caso des submarinos da armada que non eran quen de aboiar. E namentres a cobrar e cobrar

1 Cachamuinha

A UPG que acabou co BNG, agora vai acabar coa CIG