Temas: CITROëN VIGO

Diferencias sobre o seguemento da folga de PSA Peugeot Citröen

A dirección da empresa asegura que a folga foi secundada por 4 das 15 persoas que tiñan quenda obrigatoria. Os sindicatos convocantes do paro (CIG e CUT) acusan á dirección da empresa de "enviar comunicacións intimidatorias" aos empregados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2017 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A folga convocada este sábado na factoría de PSA Peugeot Citröen en Vigo foi secundada por "catro persoas" das "15 que acudían obrigatoriamente para compensar a bolsa de horas", segundo fontes da empresa ás que tivo acceso Europa Press.

Planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo
Planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo | Fonte: Europa Press

O paro deste sábado estaba convocado polos sindicatos CIG e CUT que, a través dun comunicado enviado aos medios, cargaron contra a dirección da fábrica, á que acusan de enviar aos empregados "comunicacións intimidatorias e contrarias aos dereitos fundamentais de folga e liberdade sindical".

Debido a este motivo e sumado a que "os traballadores do sistema 2 no día de hoxe están de adecuación de xornada realizando ponte" e que "todos" os empregados no seu conxunto están "perfectamente informados os motivos que xustifican a convocatoria de folga", os sindicatos acordaron non levar a cabo piquetes informativos na mañá deste sábado, como xa informaron o pasado venres.

Este sábado tivo lugar a primeira das xornadas de folga convocadas polos sindicatos CIG e CUT na factoría de PSA Peugeot Citroën de Vigo, que chamaron a facer paros todos os sábados de outubro e novembro para denunciar as "altas" e "abusivas" cargas de traballo e ritmos de produción na fábrica viguesa.

Pola súa banda, fontes de PSA en Vigo sinalaron que a quenda do sábado "está composto por algo máis de 1.000" persoas, das que "só 15" acudían nesta xornada "obrigatoriamente para compensar bolsa de horas" e que o resto "son voluntarios".

Así as cousas, aseguran que a convocatoria de folga foi secundada por "catro persoas" destas 15 que debían acudir obrigatoriamente á factoría viguesa.

Temas: CITROëN VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta