Hipocrisía constitucional. Hipocrisía española

Dinnos os defensores da unidade incuestionable e innegociable de España que defender unha independencia de Catalunya, (ou calquera outro territorio), é anticonstitucional e ilegal...que hai que respectar as leis, e que hai que respectar a Constitución.

Por Carlos González Armada | Vigo | 18/10/2017

Comparte esta noticia
Baseándonos nos seus argumentos debo dicirlles que estou de acordo en que hai que respectar as leis, (todas as leis), e a Constitución, (toda a constitución)...por iso debo preguntarme porque un partido político procesado por corrupción, por defraudar a Facenda de todos pagando a súa sede con diñeiro en B, que ten máis de 900 imputados, etc, etc, etc, aínda segue gobernando ou aínda non está ilegalizado, porque un partido que incumpre diariamente as leis pode esixir a alguén cumprir a lei, que autoridade moral ten?
 
Pregúntome porque un partido que incumpre a constitución a diario pode esixir a ninguén que debe de cumprir coa constitución. Un partido que incumpre a diario o articulo 14 e o articulo 47 da constitución, a máis de outros moitos...como pode dicir publicamente que a constitución hai que cumprila a machada un partido que di ser democrático pero que non dialoga e non busca solucións, amparándose nunha constitución de hai 40 anos, obsoleta e de xeito evidente anticuada. Pregúntome porque cando hai desafiuzamentos e déixase a xente na rúa con nenos pequenos o goberno non actúa coa mesma contundencia, rapidez, e firmeza, pregúntome porque do mesmo xeito que quere aplicar o 155 da constitución para defender España, non aplica o 47 para defender aos Españois 
 
O goberno debe de aplicar a lei para que os Españois vivamos nun país seguro e democrático, pero aplicar a lei significa aplicar a constitución en todos os seus extremos, e o articulo 14 di que todos somos iguais ante a lei, pois señores do goberno os españois somos moi desiguais ante a lei...unha señora que rouba uns cueiros e un bote de leite en po é sentenciada a ir á carcel, un moza que pon un tuit en base ao seu dereito á liberdade de expresión é sentenciada a ir á carcel, pero os políticos do PP e do PSOE que nos rouban a diario, incluso os que se consegue que sexa demostrado, puplulan libres polas nosas rúas. 
 
Sexan pulcros co articulo da constitución sobre a igualdade, igual que o son co da unidade, porque a constitución crébase igual cando se incumpre un dereito fundamental dos españois como cando se incumpre outro. No caso Patos que xulga corrupción de políticos do PP e do PSOE de Galicia, un funcionario é imputado porque en escoitas insinúa que admite un pago por un favor urbanístico a través dunha prostituta, pero as mesmas escoitas non valen para imputar o concelleiro Angel Rivas que recoñece claramente que lle deron un agasallo dunha contía moi elevada por un favor similar....onde esta a igualdade?....este caso pódese extrapolar a miles de casos diarios doutra índole 
 
Apliquen o articulo 47 igual que queren aplicar o 155, respecten a constitución señores gobernantes do PP, Cidadáns e PSOE, non sexan hipócritas...apliquen o 47, e respécteno, respecten e defendan aos españois igual que din defender España, porque os estados non están compostos de territorios, senón de persoas. Onde están todos eses españois coa bandeira ao pescozo cando desahucian a unha familia?, onde están?.....familias con cuxo diñeiro se rescataron os bancos e que axudaron ao sistema financeiro cando eses bancos non podían pagar, perden ágora as súas casas porque agora son eles quen non poden pagar, e eses bancos e o goberno danlles as costas, onde esta a anti constitucionalidade dos desafiuzamentos por incumprir o articulo 47?....o goberno español é un farsante, e a constitución unha mentira.
 
Porque eses nazionalistas españois que me mandan a Venezuela por defender a liberdade, non mandan a Panamá ou a Suíza, ou ás Illas Caimán aos seus representantes do PP que evaden os impostos. Eu pago os meus a diario, mes a mes, día a día, aquí en España, non teño contas en Suíza, nin en Panamá, nin nas Illas Caimán, pero por defender a liberdade de xentes que pensan diferente a eles, e por nacer en Venezuela, fillo de emigrantes españois, dinme que non podo opinar, que me teño que ir a Venezuela, que me vaia ao meu país...esa é a España que defenden?....eu son tan español como eles, ou máis...fillo de pais españois, neto, bisnieto, tataranieto de españois, vivo en España, pago os meus impostos en España, servín no exército español...pero como opino diferente debo de marcharme ao meu país de nacemento....iso chámase racismo, e iso son as xentes que apoian ao PP nesta cruzada, racistas e intolerantes, persoas totalitárias 
 
Respectemos as leis, si, pero todas, tamén os pactos internacionais e as resolucións internacionais, respectemos a legalidade internacional que xa dixo cando Kósovo que non existía ningún incumprimento por parte de Kósovo por declarar unilateralmente a independencia....KÓSOVO...pensen nesa palabra, porque Kósovo pode ser a clave...en Kósovo xa ocorreu o que ocorre en España....o goberno nacional, Serbia, dixo exactamente o mesmo que di España, fixo exactamente o mesmo que di España, pero Kósovo foi finalmente independente. Eu non quero que Catalunya se vaia de España, e porque non quero que se vaia quero que decidan, que se declaren independentes se así o decide a maioría, e que se confederen ao territorio nacional, e Catalunya seguirá sendo de España....obrigándoos, ou pretendéndoo, imos perdelos para sempre, a historia é contumaz pero algúns non aprenden...á forza, obrigando, impoñendo, sempre se consegue o contrario...dialogando e pactando vai todo moito mellor
 
Señores do goberno, lembren vostedes que son políticos e non militares, lembren que están para solucionar problemas e non para agravalos, lembren que se seguen por este camiño só conseguirán que Catalunya sexa independente si ou si, e para sempre, tardarán algo máis ou algo menos, pero por este camiño perderémolos, recapaciten e faga cumprir as leis e a constitución no día a día, porque os cidadáns agradeceranllo nas urnas, déixense de vitorias de batallitas, vitorias efémeras, vexan con amplitude, a longo prazo, e deixen de mirar á curta....fagan o seu traballo e agradeceranllo, fagan o seu traballo que cobran para iso....apliquen o 47 de constitución coa misma firmeza que o 155, e defiendan a igualdad dos Españoles do mesmo xeito que a unidade de España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA