Temas: COMERCIO XUNTA

Como será o calendario de apertura de festivos dos grandes comercios en 2018

Serán dez días e, entre as datas propostas figuran os domingos de decembro ou o Xoves Santo. As datas non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que este goza de liberdade horaria.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/10/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de aprobar, a proposta do sector, os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais que non gozan de liberdade horaria poderán abrir ao longo do vindeiro ano 2018.

Clienta nun comercio
Clienta nun comercio

Logo da consulta previa ás principais organizacións do sector, ao Consello Galego de Consumidores e Usuarios e ao Consello Galego de Cámaras, os días de apertura, que tal e como marca a normativa son dez. Son os seguintes: Domingo 7 de xaneiro, data tradicional de inicio das rebaixas de inverno; o 29 de marzo, Xoves Santo; o domingo 1 de xullo, data habitual de inicio das rebaixas de verán; o 25 de novembro, domingo posterior ao chamado Black Friday; o sábado 8 de decembro, día da Inmaculada; e os domingos do mes de decembro: 2, 9, 16, 23 e 30.

A orde pola que se determinan os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2018 xa foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de outubro. Posteriormente, calquera concello que o estime oportuno pode solicitar ata o próximo 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para o seu termo municipal para adaptalo aos festivos locais ou atendendo a calquera outra circunstancia motivada.

Con todo, a Xunta advirte que estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que, con carácter xeral, poden decidir libremente o seu horario e días de apertura os establecementos de ata 300 metros cadrados, coa excepción dos que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa.

Temas: COMERCIO XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta