TVG e RG, colapsadas por chamadas de protestas ante a falta de cobertura dos lumes

Críticas pola emisión de partidos de fútbol na RG e do Luar e Land Rober na TVG sen cobertura dos incendios. Feijóo decidiu comparecer en directo, xa pola noite, en programas televisivos. Os grandes medios tamén cambiaron a portada que adicaban a Cataluña.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/10/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

As redes sociais e os grupos de whatsapp, como en moitas outras ocasións, forons case os únicos medios que milleiros de persoas tiveron este domingo en Galicia para informarse da vaga de incendios que azoutan o país.

Unidade móbil da Televisión de Galicia (TVG)
Unidade móbil da Televisión de Galicia (TVG) | Fonte: PSdeG

Nin a TVG, nin a RG decidiron interrumpir a súa emisión habitual para dar conta da gravidade dos incendios que este domingo arrasaron centos de hectáreas en Galicia, principalmente, no sur de Pontevedra. Así, a TVG procedeu á reemisión do Luar e de Land Rover, mentres que a RG emitiu a súa habitual programación deportiva durante a tarde. Só pola noite, e ante a grave situación, estes dous medios públicos decidiron comezar a informar en directo do acontecido.

Feijóo cambia o discurso

Tamén  o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, decidiu modificar a axenda informativa e decidiu, pola noite, saír nos medios de comunicación a tentar contrarrestar o caos. Así compareceu en directo por teléfono nos informativos da TVG e no programa especial de La Sexta sobre os lumes. Tamén facía o propio Alfonso Rueda, desde Baiona, na Radio Galega.

Tamén algúns dos grandes medios, incluídos algúns de Galicia, decidiron cambiar xa pola tarde as súas portadas, adicadas a Cataluña, para informar da gravidade do que estaba acontecendo no país.

Programa Land Rober da TVG
Programa Land Rober da TVG | Fonte: TVG

As redes sociais

Por iso, e a través, precisamente, das redes sociais, foron moitos os galegos que se mobilizaron para chamar á RG e TVG e pedirlles que informen sobre o acontecido. “A radio galega colapsada de chamadas de protesta”, informaban nestes grupos de Whatsapp.

Tamén a través das redes galicias crearonse cancelos específicos como #ardegalicia, no que numersoas persoas foron publicando fotografías e vídeos dos incendios e moitos comentarios críticos pola descoordinación e falta de medios. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Eu mesmo

Onte á noite na Sexta, en directo, a xente de Vigo con caldeiros. Na TVG veña a repetir avións deitando auga de día!. Manipulación total. Agora ben, entrevistas telefónicas a Núñez Feijoo, Rueda e ao Delegado do Goberno español. Servixo público deturpado. Da TVE mellor nin falar...

3 vaiapordeus

Os problemas de Galiza son Catalunya e Venezuela. Non hai mais problema segundo o PP.

2 Xesús Ateo Recalcitrante

Na televisión de Feijoo nunca pasa nada. Os incendios son virtuais, agás cando xa non poden soster máis tempo o silencio. Os informes sobre os lumes son agachados unha vez e outra vez máis. Por que ían trocar onte a súa dinámica? Non recibiran instrucións do Partido Popular para variar a súa actitude cotiá. E quen manda, manda. E os directivos de RTVG están para servir non aos intereses dos galegos, senón aos intereses de Núñez Feijoo e seu partido. E estes son totalmente contrarios aos da cidadanía de Galicia. Penso que os directivos, os responsábeis dos informativos e das programacións de RTVG terían que ser destituídos dos seus postos. E, por suposto, substituídos por persoas que teñan un mínimo de ética pública e que se neguen a asumir as funcións de estómagos agradecidos

1 galegoexiliado

A telejaita e a Prensa del Movimiento atéñense ó Manual del Periodista: "NON DEIXES QUE A REALIDADE CHE ESTROPEE UNHA BONITA E DIVERTIDA PROGRAMACIÓN"