Paros nas aulas dos centros de ensino en protesta polos lumes

Dez centros públicos non abren as súas portas por culpa dos incendios. Un dos principais sindicatos culpa ao goberno por favorecer ao eucalipto e convoca paros ao mediodía.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/10/2017 | Actualizada ás 09:31

Comparte esta noticia

As mobilizacións pola vaga de incendios desta fin de semana comezan nas facultades e institutos. Polo menos un dos principais sindicatos de estudantes, Erguer, convoca paróns nas aulas ás 12 da mañá con concentracións nas portas dos centros, co obxectivo de esixir unha outra política forestal para o país. 

Lume na Praza de España de Vigo, en plena onda de incendios en Galicia.
Lume na Praza de España de Vigo, en plena onda de incendios en Galicia.

Na súa opinión, a catástrofe deste domingo -van tres falecidos- non é senón “o froito de anos de políticas nefastas cara ao monte por parte do Partido Popular, que busca nel unha fonte de beneficios para as grandes empresas papeleiras e para a especulación”.  Un “monte abandonado e ao servizo de ENCE e do monocultivo de eucalipto” é o verdadeiro causante desta situación segundo os estudantes nacionalistas.

As lapas están a afectar directamente ao ensino este luns. No campus da Universidade de Vigo, no CUVI, as estudantes foron desaloxadas da residencia universitaria.  As clases en varias facultades deste campus foron susptendidas a última hora.

Ademais, a Consellería de Educación “por mor dos incendios forestais e por precaución”, suspendeu as clases en dez centros, segundo os datos actualizados ás 23.59 horas do domingo 15 de outubro

Concello de Baiona

IES Primeiro de Marzo

CPI de Cova Terreña

CEIP Fontes Baíña

CEP de Belesar

Concello de Vigo

CEIP de Sobreira-Valadares

IES Valadares

Concello de Pazos de Borbén

CPI Curros Enríquez

Concello das Neves

CEIP Marquesa do Pazo da Mercé

IES Pazo da Mercé

Concello de Gondomar

CEIP Serra-Vincios

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta