Temas: LUMES INCENDIOS

A imaxe do inferno en Galicia

O fotoxornalista colaborador do Galicia Confidencial Miguel Núñez toma para GC unha das imaxes máis metafóricas da traxedia que se vive no país pola onda de lumes.

Por Galicia Confidencial | Nigrán | 16/10/2017 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

Esta imaxe tomada na noite do domingo polo fotoxornalista Miguel Núñez, colaborador de GC, retrata perfectamente a traxedia da onda de lumes que asola Galicia. O fogo e a morte, nunha imaxe que resume unha das xornadas máis tráxicas na historia recente do país. A fotografía foi tomada no cemiterio de Camos (Nigrán), preto do lugar onde apareceu unha furgoneta calcinada coas dúas primeiras vítimas mortais desta onda de incendios que xa se cobrou tres vidas.

Lume no cemiterio de Camos en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume no cemiterio de Camos en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Temas: LUMES INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta