Case 50.000 sinaturas en menos dun día piden cambios no dispositivo e no modelo forestal da Xunta

Unha petición activada na plataforma change.org pide "medidas eficaces xa" logo da vaga de lumes que afecta a Galicia, entre elas, acabar coa plantación de piñeiro e eucalipto e apostar polas autóctonas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/10/2017 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

Case 50.000 sinaturas en menos dun día... E subindo. Unha petición na plataforma change (que se pode asinar aquí) pide aos gobernos da Xunta de de España unha derrogación inmediata da Lei de Montes que permite a recualificación de terreos queimados para fins urbanísticos.

Nunca Máis lumes
Nunca Máis lumes

Ademais, reclama a elaboración dun plan activo de substitución de especies pirófilas (piñeiros e eucaliptos) por especies autóctonas máis resistentes para os efectos do lume.

Tamén a creación dun dispositivo de prevención contra incendios permanente con capacidade para ofrecer información a todos os galegos sobre o estado dos montes e accións de voluntariado e, en caso de emerxencia, información a tempo real que nos permita aos galegos actuar con seguridade e coordinarnos nos labores de extinción.

Finalmente, reclama a todos os galegos -e a todos os cidadáns- "que apoien e difundan esta petición e que non esquezan o sucedido, porque esa é a única forma de cambiar as cousas".

"Desde este 15 de Outubro do 2017, Galicia volve ser vítima de múltiples incendios, a maioría deles provocados. Os galegos tivemos que revivir o caos e os perigos causados polo lume, que nos afectan un ano si e outro tamén. Non podemos permitir que estas situacións se repitan nunca máis, polas consecuencias ambientais, polas perdas materiais e polos danos irreversibles ás nosas familias e amigos", escribe Ángel Costas Iglesias, que foi a persoa que activou esta petición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Paquinho