O alcalde de Silleda (Pontevedra) destaca que a situación está "normalizada" e avoga por estudar "que pasou"

O alcalde de Silleda (Pontevedra), Manuel Cuiña, destacou este luns que a situación a raíz do incendio forestal declarado no municipio está "normalizada", tras decretarse a situación 2 por proximidade do lume a vivendas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2017 | Actualizada ás 17:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde de Silleda (Pontevedra), Manuel Cuiña, destacou este luns que a situación a raíz do incendio forestal declarado no municipio está "normalizada", tras decretarse a situación 2 por proximidade do lume a vivendas.

En declaracións a Europa Press, o rexedor de Silleda comentou que no municipio pasouse "unha noite moi difícil" a consecuencia do incendio declarado na parroquia de Refoxos.

Así, manifestou que houbo persoas desaloxadas e por parte do Concello de Silleda ofrecéronselles prazas hoteleiras, que "non fixeron falta", xa que "se reacolleron con familiares ou veciños", abundou.

Ademais, resaltou o rexedor que "choveu algo", tras o que a situación na zona "está normalizada". "A ver se segue chovendo e apágase de todo o lume", desexou.

Preguntado pola autoría do lume, o alcalde destacou que hai que "estudar entre todos que pasou" en Galicia para rexistrarse a recente vaga de incendios porque "foi moi grave", apostilou. "Todo fai pensar que a man do home pode estar detrás", sentenciou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta