Grupo Colmeiro lamenta as mortes e as "fatais repercusións" ambientais, sociais e económicas do lume

O grupo de estudos e análises Colmeiro lamentou este luns o catro falecidos por mor da vaga de incendios e tamén as "fatais repercusións" ambientais, sociais e económicas para Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2017 | Actualizada ás 19:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O grupo de estudos e análises Colmeiro lamentou este luns o catro falecidos por mor da vaga de incendios e tamén as "fatais repercusións" ambientais, sociais e económicas para Galicia.

A través dun comunicado, manifesta a súa "profunda consternación" polas "tremendas consecuencias" da vaga de lumes que arrasou Galicia e destaca que o "peor balance" son, "sen dúbida", os catro falecementos.

A iso "únense tamén as fatais repercusións ambientais, sociais e económicas para o país", resalta. "A conservación da natureza, e os recursos de toda orde que produce é un valor diferencial do país, que sufriu demasiadas veces o ataque do lume, demasiadas veces non fortuíto", critica.

Aínda que cre que é "temperán para determinar as causas ou concausas que se deron nos pasados días", considera que cando as lapas se apaguen "aos poderes públicos corresponderalles, no seu respectivo terreo, expor as razóns do acontecido e buscar que non se reproduza".

Con todo, recoñece a "resposta áxil da Administración a unha situación que obxectivamente excede as capacidades comúns e extraordinarias de calquera dispositivo, por poderoso que este fóra".

E, por último, atopa "motivos de certo orgullo no comportamento de todos os membros dos operativos de extinción e, mais aínda, dos centos de persoas que non dubidaron en axudar alí onde foi precisa unha man solidaria, para salvar as vidas e facendas dos demais e para a defensa do patrimonio común".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta